O proxecto Smart Miño Plus destina fondos europeos a un estudo para fomentar unha conexión directa que modernice a mobilidade e permita aos dous concellos compartir servizos e infraestruturas
Conseguir unha comunicación máis directa e moderna que fomente a interacción económica e a integración urbana entre A Guarda e Caminha. Con ese obxectivo, ao abeiro do proxecto europeo Smart Miño Plus - “Promoción das dinámicas de mobilidade sostible na fronteira do río Miño” a Deputación de Pontevedra e o AECT Rio Minho impulsaron un estudo para reforzar as conexións transfronteirizas entre ambos os dous concellos, buscando alternativas que permitan borrar a fronteira e unificar territorios para que ambos concellos poidan compartir servizos e infraestruturas.
Un paso adiante para atopar fórmulas de conexión directas alternativas que cobra especial relevancia despois do peche dende hai case dous anos por diferentes motivos da única comunicación directa, o transbordador, un modo de transporte que contaba cada vez con menos pasaxe debido ás dificultades na navegación pola desembocadura do río.
Esta realidade fai máis necesario que nunca apostar por unha conexión diferente entre A Guarda e Caminha que permita crear sinerxías entre os dous municipios, xerando unha maior interacción económica e a integración real dos dous núcleos urbanos, aumentando a oferta de servizos. Esta mellora da conectividade beneficiará á veciñanza, pero tamén ás e aos visitantes, especialmente nun momento no que se rexistra un grande incremento da demanda por parte das persoas que peregrinan polo Camiño de Santiago pola Costa.
Este estudo de viabilidade de reforzo das conexións entre A Guarda e Caminha, no ámbito do desenvolvemento e promoción da cooperación transfronteiriza, é unha das accións previstas no Smart Miño Plus, un proxecto financiado con fondos europeos para poñer en marcha un plan de mobilidade sustentable que favoreza modos de desprazamento alternativos, reducindo o consumo enerxético e a pegada de carbono, ao tempo que se mellora a calidade de vida da cidadanía, o desenvolvemento económico e a cohesión social. O estudo está cofinanciado ao 75% con fondos FEDER.
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL