O proxecto Smart Miño Plus busca fortalecer a cooperación e sentar as bases para un futuro no que gozar dunha conectividade suave, máis eficiente e respectuosa co medio ambiente.
O tren perfílase como un elemento clave para camiñar cara a unha mobilidade máis sustentable no territorio do río Miño transfronteirizo. Así o destacaron os expertos e expertas internacionais que participaron no Foro de Mobilidade Sostible organizado ao abeiro do proxecto Smart Miño Plus e no que se puxo enriba da mesa os desafíos aos que se enfronta o territorio para mellorar a conectividade suave que permita á veciñanza desprazarse polos concellos transfronteirizos reducindo a dependencia dos vehículos privados e contribuíndo ao desenvolvemento económico da rexión.
O ferrocarril desempeña un papel fundamental no fomento da mobilidade sostible e na mellora da calidade de vida da veciñanza, polo que contar cunha infraestrutura ferroviaria axeitada e unha liña de proximidade que conecte de forma eficiente os municipios transfronteirizos convértese nun dos principais retos a abordar para un futuro inmediato.
O Foro de Mobilidade Sostible permitiu fortalecer a cooperación e a confianza entre as institucións, organizacións e cidadanía das dúas beiras do Miño, que traballan de xeito conxunto para impulsar unha conexión ferroviaria eficiente que fomente unha mobilidade suave entre a poboación transfronteiriza e que potencia o turismo na rexión.
A través do proxecto Smart Miño Plus – “Estratexia de cooperación intelixente Rio Minho Transfronteirizo", financiado con fondos europeos FEDER, Deputación de Pontevedra, AECT Rio Minho, CIM Alto Minho e o concello de Valença ratifican o seu compromiso coa promoción da conectividade sostible, sentando as bases dun futuro no que desfrutar dunha mobilidade máis eficiente, cómoda e respectuosa co medio ambiente a ambos lados da fronteira.
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL