Coller o tren para ir ao cine en Vigo, tomar un viño en calquera dos municipios miñotos e ir traballar a algún polígono industrial do territorio. Esa é unha das demandas históricas nos municipios do Rio Minho Transfronteirizo, contar cunha infraestrutura ferroviaria que supere as fronteiras entre países, permita resolver a mobilidade cotiá e potenciar a conectividade sustentable cos concellos do seu arredor para servizos, lecer e industria.
A necesidade dun tren de proximidade entre Vigo e Viana do Castelo como elemento de desenvolvemento do territorio, atendendo á realidade socioeconómica e demográfica da zona, foi unha das cuestións abordadas no Foro de Mobilidade Sostible do Río Minho Transfronteirizo, un encontro organizado ao abeiro do proxecto Smart Miño Plus – “Estratexia de cooperación intelixente Rio Minho Transfronteirizo’.
Dúas intensas xornadas nas que persoas expertas e investigadoras analizaron e debateron a gran viabilidade de contar cun tren intermodal traballado e consensuado cos axentes sociais do territorio non só como alternativa de mobilidade sostible, senón tamén como elemento crucial para o crecemento do territorio miñoto. Unha liña ferroviaria de proximidade facilitaría a mobilidade de persoas e mercancías, establecendo conexións estratéxicas entre municipios e con outras rexións e creando oportunidades de emprego e desenvolvemento económico en sectores clave.
Cunha liña xa modernizada e electrificada, o incremento de liñas, frecuencias e paradas entre Vigo e Viana do Castelo daría resposta a unha realidade socioeconómica que a demanda, a unha realidade demográfica, á potencialidade turística e a unha intermodalidade con dous portos e aeroportos situados no territorio, un espazo natural e poboacional que non se corta a pesar de contar cunha fronteira administrativa.
Concellos, cámaras municipais, tecido empresarial e axentes sociais reclaman servizos de proximidade que responda a unhas necesidades claras: unha mobilidade económica, fiable, segura, sostible e con frecuencias diarias que favorezan a mobilidade entre núcleos de poboacións próximos, zonas industriais ou portos. Porque, como salientaron durante o encontro, se non hai conectividade crearase unha barreira que impedirá o crecemento económico e social do territorio.
O Foro de Mobilidade Transfronteiriza do Rio Miño foi organizado pola Deputación de Pontevedra en colaboración co AECT Rio Minho, a Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal e o CIM Alto Minho. O evento contou co financiamento de fondos europeos FEDER a través do proxecto Smart Miño Plus, unha acción de capitalización no ámbito da 6ª convocatoria do INTERREG VA POCTEP 2014-2020.
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL