Pechou Culturgal 2020, como xa é tradición anunciando as datas do próximo ano 2021: 26, 27 e 28 de novembro. Se ben o obxectivo é recuperar a presenza de stands das empresas culturais e seguir sendo o punto de encontro anual do sector o vindeiro ano, a organización de Culturgal seguirá traballando no formato de retransmisión como idóneo para chegar a máis público. Esta 13ª edición retransmitida deixou patente que a recepción dos espectáculos e eventos a través dunha pantalla é un ferramenta moi potente para romper barreiras de acceso cultural. Máis de nove mil reproducións nas canles da Culturgal 2020 son un estímulo para a organización do evento de cara a seguir medrando a través da vía dixital.
A resposta presencial superou a expectativa habida conta de que só podian asistir veciñas e veciños de Pontevedra e contorna. Ao redor de 900 persoas ocuparon as butacas do Pazo da Cultura e do Teatro Principal nas diferentes actividades durante o sábado 28 e o domingo 29 de novembro. Non foron poucas as que esgotaron entradas: todas as películas proxectadas na sala de cinema, o encontro de Banda Deseñada e a conversa con Manuel Rivas e Elba Pedrosa no Teatro Principal, os concertos de Susana Seivane, Cas Berlai, Luar na Lubre, A Central Folque e espectáculo infantil de Pakolas no Auditorio do Pazo da Cultura, a performance teatral e poética de Rosalía Fernández Rial e Marta Pérez “Inversa Teatro” ou Opera Break´s, o show de breakdance e ópera producido por Vella Escola no Espazo Foro do Pazo da Cultura. En todos os recintos puxéronse en marcha medidas extraordinarias de limpeza e desinfección ao remate de cada actividade.
Foron moitas as propostas na Culturgal 2020 conectadas coa pandemia e cos cambios sociais e, tamén, de hábitos culturais derivados da crise da COVID19. Na xornada de peche, o Espazo Libro no Teatro Principal acolleu un evento especial dedicado aos libros da pandemia editados en Galicia como a tradución de Pandemia de Slavoj Zizek, realizada por Carlos Aymerich e editada por Galaxia; o volume Setenta ideas para a (post)pandemia, editado por Catro Ventos coa participación de sete autores ou o último proxecto de Xurxo Souto: “Pangalaica, recortes poderosos”. Tamén o domingo a Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) e a Asociación de Empresas Tecnolóxicas e Audiovisuais (AGATEC) abordaron o temas dos aforos nos eventos culturais nesta época de restricións de mobilidade.
“A retransmisión da programación para chegar a máis público ven para quedarse. O obxectivo é recuperar canto antes a parte feiral de Culturgal pero todo o sector cultural debemos entender que a retransmisión nos ofrece non só desafíos senón moitos beneficios. Á hora de mostrar proxectos, produtos ou servizos temos ante nós a posibilidade de obter máis alcance. Na Culturgal sempre botamos en falta a aquel público ao que lle costaba máis desprazarse, por exemplo é o caso de Lugo e Ourense, cunha asistencia testemuñal na historia de Culturgal. A retransmisión permítenos chegar a eses público, de feito o comprobamos nos comentarios da canle youtube que temos xente que nos saúda desde A Mariña, pero tamén desde Lisboa ou País Vasco”, explica Xosé Aldea, director da Culturgal, quen considera que unha boa realización e transmisión das propostas compensa en boa parte a non presenza física e permite a conexión con novos públicos.
Máis de 70 propostas culturais de música ao vivo, teatro, libros, arte, ciencia e espectáculos para toda a familia, 12 cámaras, 20 horas de retransmisión e un equipo de máis de 60 persoas traballlando para levar ás casas o mellor da cultura galega, son as cifras que a organización quere destacar. Culturgal 2020, co lema “En caso de emerxencia, cultura” estivo organizada pola asociación do mesmo nome, presidida por Victor López, e da que forman parte AGE (Asociación Galega de Editoras), AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais), Eganet (Empresas Galegas Adicadas á Internet), AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) e Escena Galega. A conversa continuada nos últimos meses coas institucións patrocinadoras da Feira foi fundamental nesta edición marcada pola COVID19. A Xunta de Galicia, a través de Agadic, foi un ano máis a patrocinadora principal da Feira; ademais, o apoio fundamental do concello de Pontevedra, da Deputación de Pontevedra e do Ministerio de Cultura e Deporte.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL