A décimo sexta edición de Culturgal abriu as súas portas este venres no Recinto Feiral de Pontevedra para seguir sendo a "casa común" da cultura galega. A Feira das Culturas Galegas despregará até o vindeiro domingo 3 de decembro un programa "variado e transversal" que servirá como escaparate das culturas "ricas e variadas" que existen en toda Galicia, segundo destacou no acto de inauguración o presidente da asociación Culturgal, Víctor López.
"Culturgal é un escaparate, pero tamén unha xanela ao futuro" que ofrece este ano unha programación "ampla e plural", que, remarcou, aspira a "retratar a variedade de propostas que temos a día de hoxe".
Máis de 200 actividades desenvolveranse en Culturgal 2023, nos seu cinco escenarios dedicados á literatura, a música, as artes escénicas, a programación infantil ou a arte, ademais de áreas dedicadas aos videoxogos ou aos cómics.
Nela participan máis dun centenar de expositores, que non só exhiben o máis selecto da produción cultural galega que cada un dos sectores impulsou este ano, senón que mostran un avance das novas tendencias e propostas nas que traballan para 2024. A feira ten este ano unha ampla programación para toda a familia.
No seu discurso durante o acto de inauguración, o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, destacou "a solidez e a competitividade" da industria cultural galega, á que puxo como exemplo de "modernización e capacidade de adaptación aos novos formatos e hábitos de consumo". O responsable de Cultura no Goberno galego explicou que a Xunta destinará a este sector 105 millóns de euros en 2024 e que necesita tamén do compromiso do Executivo central para "garantir un desenvolvemento innovador e competitivo".
Así llo trasladou nunha carta ao novo ministro na que reitera a importancia da elaboración dun PERTE para a cultura que recoñeza o seu valor e de que se trasladen a Galicia os fondos necesarios para garantir o galego nas novas tecnoloxías.
Segundo os datos ofrecidos polo conselleiro, a cultura supón xa o 3% do PIB en Galicia e emprega a unhas 35.000 persoas, ademais "cohesiona e identifícanos como pobo e ten a virtude de que non se usa nunca para comparar e para separar", senón que "respecta a diversidade e a diferenza", manifestou.
Pola súa banda, o presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, destacou o "esforzo" do goberno provincial ao subir un 20% a partida orzamentaria de Cultura que chegará no 2024 a preto de 5 millóns de euros. Tamén remarcou o "municipalismo cultural" que practica o goberno provincial a través da programación de eventos itinerantes por toda a provincia relacionados con disciplinas como o teatro, a danza, o cinema ou a música.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, pechou a inauguración de Culturgal celebrando o bo momento da cultura galega, "sobre todo na súa calidade", algo que demostra a súa "capacidade de resistencia e levantando cabeza após períodos escuros e sombríos".
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL