A edición da Culturgal máis virtual chega este domingo ao seu fin. O fai coma sempre. Cargada de propostas, de oferta cultural para sentir orgullo de país. A pandemia impacta. Provoca que a maioría dos contidos teñan que gozarse dende casa (premer aquí), pero ese berro de “cultura segura” en tempos de COVID19 serve, tamén, para observar que a cultura galega goza de boa saúde.
Este domingos, as e os asistentes á Culturgal poderán desfrutar de propostas como a participación do autor máis internacional de banda deseñada Miguelanxo Prado, do artista Antón Patiño, a presentación dos premiados nos certames literarios da Deputación da Coruña, a presentación da programación da Cidade da Cultura de Galicia e do Concello de Pontevedra para os vindeiros meses, a conversa co escritor Suso de Toro e o espectáculo Opera´s Break, que fusiona ópera e breakdance, entre outras moitas actividades.
11:00h. Culturgal BD 2020
Conversa de Kiko da Silva con Alberto Vázquez e Martín Romero. Deputación da Coruña. Premios Castelao de Banda Deseñada. Kiko da Silva, membro do xurado e autor de BD, editor e director da Escola de Banda Deseñada e ilustración "O Garaxe Hermético", conversa con Alberto Vázquez, autor de A Caza, e Martín Romero, autor de Uxío.
Josefina Arruti “Os berros da motocicleta” de Kiko Dasilva e Pablo Prado. Concello de Pontevedra. Presentación da biografía en formato banda deseñada. Programa “A memoria das mulleres” da Concellaría de Patrimonio e Memoria Histórica. Con Kiko Dasilva e o concelleiro Xaquín Moreda.
“O pacto do letargo” e “ Atelier Miguelanxo Prado”. Miguelanxo Prado. Retranca Editora. O autor galego BD máis internacional presenta a súa última obra: un impactante thriller fantástico sobre a condición humana con mensaxe ecolóxica e ábrenos as portas do seu atelier.
13:15h. Culturgal 2020 en pandemia
Pandemia de Slavoj Zizek, Galaxia. Co tradutor Carlos Aymerich e o editor Francisco Castro.
Setenta ideas para a (post)pandemia. Catro Ventos. Con Fernando Ramallo (profesor de Lingüística na Universidade de Vigo), Francisco Sampedro (doutor en Filosofía) e Patricia Buxán (Catro Ventos Editora).
10 gráficos para contarmos a pandemia en Galicia. Praza Pública.
"Pangalaica, recortes poderosos" de Xurxo Souto. Galaxia.
16:00. Premios de Narrativa DACCultura
. Conversa do deputado de Cultura Xurxo Couto con Antón Riveiro Coello, autor de O paraíso dos inocentes (Galaxia), na que viaxa ao conflito de Siria, e con Alex Alonso, autor de Granito (Xerais), que reconstrúe o crime de Nigrán de 1994. Participan os editores Francisco Castro e Fran Alonso.
Xurxo Couto conversa tamén con Valentín Alvite, autor de Antía e Daren con ilustracións de Miguel Porto, Premio Raiña Lupa 2019 e publicado por Xerais.
17:30. Libros e lugares con Editorial Elvira, Cuarto de Inverno e Concello de Pontevedra
Libro dos lugares 2 de Antón Patiño. Editorial Elvira.
Cuarto de Inverno ano 1.
III Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil. “Velloucas e minchas” de Lorena Conde. Concello de Pontevedra.
19:00. Xerais presenta... Suso de Toro e Manuel Esteban
Conversa da xornalista Teresa Cuiñas con Suso de Toro ao redor de Un señor elegante. .
Conversa da xornalista Teresa Cuiñas con Manuel Esteban ao redor de A venganza dos homes bos. O
20:30. Galaxia presenta....
Castelao un galego senlleiro. Presentación de Castelao. Tomo II
Premios García Barros de Novela e Repsol de Narrativa Breve 2020. Flores de ferro de María Rei e Illa Decepción de Berta Dávila.
https://www.youtube.com/watch?v=17yLzh3SEko&feature=youtu.be
12:00. Sonárbore para toda a familia: “Ramona Órbita. A dona do tempo” con Pakolas e “Lingua Guapa. Cantos que contan” de Fina Casalderrey
Ramona Órbita. A dona do tempo. Pakolas. Colección Sonárbore Editorial Galaxia. A Especialmente dirixido a rapazada entre 3 e 5 anos.
Lingua guapa. Cantos que contan. Fina Casalderrey. Colección Sonárbore Editorial Galaxia. A música que nos fai viaxar polo mundo é de Nestor Blanco.
16:00. A Central Folque presenta....
Abellón. Xoán Xil e Mauro Sanín cunha actuación performática con zoadeiras e bramadeiras.
O feitizo de Maruja Roca. Con Eutropio Rodríguez comentando imaxes e Nieves Neira que fará unha performance literaria.
Bem vennas maio. Cos músicos Pablo Sanmamed (contrabaixo), Iago Mourinho (piano) e Chus Pazos (bateria) e a colaboración de Alba Cid recitando un texto.
Fuliada na vila con Richi Casás, saxo e voz, e Fran Gª Galán, guitarra eléctrica.
18:00. Escalas singulares: Yago Vázquez Trío e DE BOTÓNS
Yago Vázquez Trío. O jazz chega ao escenario musical de Culturgal da man de Yago Vazquez, piano, Xurxo Estevez, baixo, e Chus Pazos, batería.
DE BOTÓNS. Mialma Producións. Pedro Pascual e Carlos Quintá propoñen un concerto no que interpretan pezas recollidas e arranxadas dentro do cancioneiro DE BOTÓNS, un proxecto editorial ambicioso no que adaptan máis de cen cancións do repertorio popular galego para o acordeón diatónico.
20:00. Os d’Abaixo. Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021. Xunta de Galicia
https://www.youtube.com/watch?v=tksIqpj55PI&feature=youtu.be
11:00. Para unha cultura segura #2021 con AGEM, AGATEC e Cidade da Cultura
Aforos para a cultura galega en 2021. Conversa con Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) e AGATEC.
Presentación da programación Cidade da Cultura, Xunta de Galicia:
Da Xeración Nós a Díaz Pardo. Exposicións do Museo Centro Gaiás. Con Ana Acuña, comisaria de Galicia, de Nós a nós, e Xosé Díaz, comisario de As miradas de Isaac. Un tempo novo para Escenas do Cambio. Con Lola Correa, directora artística do festival, e María Pereira, directora de Acción Cultural da Cidade da Cultura de Galicia.Cidade da Cultura en familia e actividades xacobeas. Con Ana Isabel Vázquez Reboredo, directora xerente da Cidade da Cultura de Galicia.
13:00. O Concello de Pontevedra presenta...
O Concello de Pontevedra presenta o programa “Falamos” da Concellaría de Normalización Lingüística e a Universidade de Vigo.
O departamento de Cultura explícanos os dez anos de “Na beira do río. Diálogos na Pintura”, un proxecto comisariado por Ramón Rozas.
Avance do o XXII Salón do Libro co lema “Emerxencia literaria: libros para salvar o Planeta. Novos formatos para novos tempos”. Con Eva Mejuto e a concelleira de Cultura Carme Fouces.
Presentación do libro “A vida incerta” de Montse Fajardo sobre Virxinia Pereira, publicación integrada no proxecto “A memoria das mulleres”. Coa autora e o concelleiro de Memoria Histórica, Xaquin Moreda.
16:00. Artes Escénicas: estado da cuestión. Centro Dramático Galego e Escena Galega
O Centro Dramático Galego fronte á covid-19. Xunta de Galicia.
Escena Galega: actualidade. . Con Juan Rodríguez (presidente), Gustavo Del Río (vogal da Xunta Directiva) e Diego V. Meizoso (xerente da asociación).
17:30. Poesía Necesaria Chan da Pólvora: Ana Romaní, Chus Silva, Antón Reixa
A desvértebra de Ana Romaní. Chan da Pólvora. Paisaxe sonora do poemario teatralizado por Ana Romaní e por Chus Silva.
Outlet de Antón Reixa. Chan da Pólvora. Unha nova entrega poética dun autor referencial da performance poética.
19:15. ÓPERA BREAK'S con Vella Escola. Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021. Xunta de Galicia
ÓPERA BREAK'S é un espectáculo que mestura ópera, breakdance e Dj nunha única función.. Atréveste a liberar a túa mente de preconceptos?
21:00. Imos “Polo rego” con Catro Ventos e 13 graos
Polo rego. Catro Ventos Editora. «Polo rego» é o programa da TVG que a través de receitas e consellos pon o agro galego e os seus saberes nas nosas casas. Agora tamén é libro. Con David Castellanos, Lola Tourón e Rosendo Estévez, creadores dos contidos orixinais da obra, e Isidro Dozo, da editorial.
Alén do azul de Sara Carrasco e Silvia Iglesias. Catro Ventos Editora. Unha viaxe polo fondo mariño da man de dúas autoras, apaixoadas do mergullo e creadoras do colectivo «13 Grados».
11:00. Pontevedra, cuna de Colón... coa súa cor! Xunta de Galicia. D
Presentan: Jaime Pena, programador do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) e Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).
13:00. Karelu. Compañía Os Náufragos Teatro. Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021. Xunta de Galicia. Con Santiago Cuquejo, actor, e Gustavo del Río, director.
16:00. Longa noite. 2019. Dirección: Eloy Enciso. Filmika Galaika. Unha proposta na Culturgal do Concello de Pontevedra.
18:30. A media voz. 2019. Directoras: Heidi Hassan e Patricia Pérez Fernández. Matriuska Producións. Coprodución con Cuba, Francia e Suíza. Duración: 80 minutos.
Coloquio con Dani Froiz, produtor executivo.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL