A Dirección Xeral de Industrias Culturais, Propiedade Intelectual e Cooperación, dependente do Ministerio de Cultura e dirixida por Adriana Moscoso, recoñece o vindeiro xoves 11 de novembro os tres proxectos seleccionados como os gañadores o pasado ano na liña de axuda á Acción e Promoción Cultural. Entre eles, atópase Culturgal, a Feira que desenvolve a súa décimo cuarta edición do 26 ao 28 de novembro de 2021 no Pazo da Cultura de Pontevedra. A capacitación no mundo da animación -investigación levada a cabo pola Federación Española de Asociaciones de Productoras de Animación-, e as Xornadas Internacionais de Patrimonio Industrial, celebradas en Xixón, comparten con Culturgal a escolla ministerial. O auditorio do Espacio Fundación Telefónica de Madrid acolle o día 11 unha xornada de presentación dos proxectos na que participarán en representación de Culturgal, o seu presidente Víctor López.
Tamén se presentan ese mesmo día os tres proxectos seleccionados na liña de “Modernización e innovación das Industrias Culturais e Creativas’: Music Live Stream, Exquare: Centro Expositivo Experimental M3, e Summer Camp. O acto estará conducido por Helena Díez Fuentes e nel intervirán a directora xeral da Fundación Telefónica, Carmen Morenés, e a directora xeral de Industrias Culturais, Propiedade Intelectual e Cooperación, Adriana Moscoso. De Culturgal, destacan desde o Ministerio de Cultura que “non é unha feira ao uso. A actividade profesional compleméntase cunha extensa programación cultural e o recinto de postos de venda e exposición convértese nun escaparate privilexiado no que a sociedade galega pode coñecer directamente as últimas novidades editoriais, musicais, escénicas,audiovisuais, deseño e arte contemporánea, etc”. O galardón recoñece o traballo realizado en 2020 para adaptar a programación de Culturgal á situación de crise sanitaria.
A xornada do día 11 pode seguirse vía streaming na web do espazo de Fundación Telefónica (premer aquí) co hashtag #MejoresProyectosICC2020. Culturgal celébrase en 2021 co lema “A cultura que toca” e está organizada pola asociación do mesmo nome da que forman parte Escena Galega, Agapi, Asociación Galega de Editoras, AGEM e Eganet. Conta co apoio da Xunta de Galicia a través de Agadic, do Concello de Pontevedra, da Deputación de Pontevedra, do Ministerio de Cultura e Deporte e da Deputación da Coruña. A organización ven de anunciar o peche da venda de espazo feiral tras esgotarse os stands dispoñibles e comezará a difundir a programación 2021 a partir desta mesma semana.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL