A nova edición do Festival de Cans, que terá lugar do 1 ao 4 de setembro, estrea sección: chámase `Correspondencias´ e nace para amosar un diálogo en imaxes entre cineastas galegos con cineastas doutros países e fomentar un intercambio de ideas inéditas filmadas. Os encargados de botar a andar esta sección serán o cineasta galego Eloy Domínguez Serén e o colombiano Samuel Moreno, que mantiveron unha interesantísima correspondencia filmada que terá a súa estrea absoluta nesta edición do Festival de Cans.
Eloy Domínguez (Simes, Meaño, 1985) estreará a sección 'Correspondencias'. Domínguez é un dos cineastas galegos mais recoñecidos internacionalmente. Filmes seus coma “No cow in the ice” ou o mais recente “Hamada” participaron en algúns dos máis prestixiosos festivais do mundo. Foi premiado en certames coma o de Toulouse, o Porto/Post/Doc ou o Bafici de Buenos Aires. Eloy Domínguez intercambiará ideas filmadas con Samuel Moreno, cuxa primeira longametraxe, “El baile de la Iguana”, colleitou moi boas críticas a nivel internacional e pasou por certames como Visions du Reél.
Estas cartas fílmicas son pezas narrativas en primeira persoa, construídas dende a soedade. En moitos casos, foron realizadas en épocas duras de confinamento. Hai un nexo común nas temáticas: os contextos políticos. A pandemia ou os momentos precisos de axitación social en Colombia dos últimos meses, por exemplo, están moi presentes. Xunta con estas dúas pezas inéditas, a sección sumará tamén a curtametraxe “Curta Nº4”, do cineasta Marcos Nine, e da correspondencia fílmica que no seu momento mantivo tamén con Eloy Domínguez Serén. O acceso será de balde pero baixo rexistro na tenda en liña do Festival de Cans. O aforo será de só 40 persoas.
A sección competitiva Furacáns, adicada ás curtametraxes de non ficción que asumen un maior risco narrativo, continúa medrando en cantidade e calidade. Este ano participan 10 curtametraxes. O Festival aposta pola ollada feminina: o 60% son asinadas por mulleres. Furacáns acollerá este ano 3 estreas absolutas: “Persoa, pobo, paisaxe”, unha fermosa curtametraxe realizada polo xovencísimo cineasta de Boiro Daniel Pérez Silva; “Só as árbores coñecen o son das balas”, na que Rebeca Lar explora de xeito arriscado no máis fondo dun macabro asasinato múltiple na Guerra Civil; ou “O Intruso”, a nova curtametraxe da cineasta e fotógrafa da Estrada Ariadna Silva.
Ademais, a sección do Festival adicada á non ficción acollerá a estrea en Galicia de “El jardinero clandestino”, unha interesante reflexión sobre a resistencia a través da ecoloxía urbana, obra da nova cineasta porriñesa Erea Pereiro e de Francisco Guirao, e “Eu Mais” de Ángel Montero, que chega a Cans logo de ser tamén seleccionada en festivais coma o Zinebi ou DocLisboa. Por Furacáns pasarán tamén o novo proxecto da realizadora estremeña afincada en Galicia Dena Parro, “Perrunillas”, que pasou entre outros polo Festival Alcances; “Marcas”, de Aldara Pagán, realizada dentro da súa estadía na Elías Querejeta Zine Skola; ou “Blanco y Fucsia”, da videoartista e cineasta Marta Valverde. Todas estas obras teñen unha forte compoñente autobiográfica e provocan interesantes reflexións arredor do xénero.
Completarán Furacáns senllas obras de dous cineastas que están tendo un gran percorrido en numerosos festivais internacionais. Por unha banda, Xacio Baño -dúas veces gañador do Can de Pedra na categoría de ficción- coa súa nova curta “Augas abisais”. O filme, unha indagación sobre unha parte do seu pasado familiar, xa pasou por festivais coma o de Málaga, o D´A Festival ou Clermont-Ferrand. Ademais, Eloy Domínguez competirá coa súa última curtametraxe “Os Corpos”, unha olllada irreverente sobre o entroido ourensán que xa foi proxectada en certames tan prestixiosos como o Bafici ou o Fic Xixón. As entradas para esta sección de Furacáns sairán á venda este xoves na tenda en liña do Festival de Cans (premer aquí).
Só haberá 95 entradas á venda, 35 para a mañá do sábado e 60 para a sesión de tarde. O seu prezo é de 6 euros. Tamén están dispoñibles na tenda do Festival as entradas para a Noite das Homenaxes e o concerto de Maika Makovski –o venres 3 de setembro, 5 euros-, e máis as que dan acceso á gala de entrega de premios ao concerto de Ses co que se pechará o Festival de Cans o sábado 4 de setembro. Hoxe tamén saen á venda na web do Festival as entradas soltas para as categorías competitivas de Ficción e Animación. O seu prezo é de 12 euros.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL