“Furacáns”. Este é o nome escollido para a nova sección destinada a premiar aquelas obras de non-ficción que “asuman maiores riscos narrativos”. Así explican dende o Festival de Cans esta nova categoría, que xa se testou na pasada edición e que agora será, por primeira vez, de carácter competitivo cun premio de 1.000€ e un xurado específico.
En total, o Festival repartirá case 8.000€ en premios no seu obxectivo por “impulsar a creación de novas e novos creadores audiovisuais en Galicia”. Ademais da categoría “Furacáns”, o festival outorgará entre os seus premios principais 2.000 euros á mellor curtametraxe de ficción, 1.500 euros ó premio do público e 1.500 euros á mellor curtametraxe de animación. A maiores recibirán premios económicos ata completar a cantidade final, as categorías de videoclips e as de mellor realización, mellor guión, mellor interpretación feminina e mellor interpretación masculina.
Os creadores e creadoras galegas que desexen participar con realizadas entre 2017 e 2018 poderano facer dende este martes, 26 de decembro e até o 4 de marzo.
Outra novidade é que por vez primeira, o Festival de Cans habilitará na súa web un apartado para poder inscribir de xeito gratuíto as obras. Tamén segue manténdose a opción da plataforma "Festhome", para quen desexe facelo a través desta vía, cun prezo de 2 euros por cada obra inscrita. O Festival de Cans abre a porta a que creadoras e creadores inscriban libremente obras como documentais e mesmo longametraxes, webseries ou outros formatos, dándolle preferencia na selección a aquelas obras que non fosen estreadas polo momento en Galicia. En base ao material recibido, o Festival de Cans decidirá a incorporación de novas seccións paralelas que poidan enriquecer a programación do festival.
O Festival de Cans, organizado pola Asociación Cultural Arela baixo a dirección de Alfonso Pato, celebra este ano a súa décima quinta edición. Será do mércores 23 ao sábado 26 de maio e, por vez primeira na historia, non coincidirá co Cannes francés. Así, agroglamour e glamour de alfombra vermella non competirán en datas.
Cans viviu en 2017 a súa edición máis exitosas con até 13.000 persoas pasando polos diferentes puntos do recinto, esgotando todas as entradas dispoñibles.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL