A presidenta da Deputación, Carmela Silva, presentou hoxe a nova campaña coa que a institución provincial volve amosar unha vez máis o seu apoio aos comercios locais e de proximidade, especialmente nuns tempos tan duros para o sector. Carmela Silva asegurou que “incidimos na importancia de incentivar o consumo nos nosos comercios para revitalizar a nosa economía e así xerar riqueza e emprego”. O lema da campaña é “Comercio local aquí e agora”, e con ela a Deputación “anima a veciñanza e persoas que nos visitan a que merquen nas tendas de proximidade, prazas e mercados das nosas vilas e cidades, e a que aposten polo produto e polas marcas locais”. A campaña, ademais, pon en valor a atención próxima e trato afable que ofrecen os nosos establecementos.
A nova acción de apoio ao comercio local está baseada en tres eixos fundamentais: a sostibilidade, a importancia e a seguridade. En canto ao primeiro punto, Carmela Silva lembrou que “apostar polo comercio local é apostar polo consumo responsable e a conservación do noso territorio, xa que mercando nas tendas dos nosos barrios velamos polo medio ambiente ao evitar desprazamentos prexudiciais para o medio ou envíos desde outras zonas do planeta”. No que ten que ver coa importancia destes comercios, a presidenta lembrou a existencia na provincia de “5 denominacións de orixe, unha ducia de indicacións xeográficas protexidas, e tamén a extraordinaria calidade dos nosos produtos do mar e da terra e de industrias como o téxtil”, así como o feito de que na provincia está “o 36% dos pequenos e medianos negocios de toda Galicia, 11.000, polo que teñen un enorme peso. A súa recuperación precisa do compromiso de todas e todos”. Do mesmo xeito, a campaña pon o foco na seguridade dos comercios, “que tomaron todas as medidas para garantila e agora somos nós quen nos poñemos do seu lado”.
“Comercio local aquí e agora”, que se difundirá a partir deste venres a través das canles institucionais da Deputación de Pontevedra así como en medios impresos, dixitais e radiofónicos, está composta por unha serie de mensaxes nas que se incide nos conceptos aquí (o que mercas xera riqueza aquí, aquí é onde podes atopar os produtos locais, telo aquí sen necesidade de desprazamentos prexudiciais para o medio, aquí atoparás o trato afable da nosa xente) e agora (agora é o momento de apoiar o noso comercio, o que mercas gózalo agora sen necesidade de esperar envíos, agora podes gozar da experiencia de percorrer os nosos locais e gozar dos produtos de proximidade).
Esta nova iniciativa da Deputación é a continuación doutras accións de apoio ao comercio local, que como valorou a presidenta provincial “vén de lonxe”. Entre elas están as campañas “Pontevedra provincia na túa cesta”, “Elixe comercio local”, “Agora máis que nunca non perdas a proximidade” ou as accións anuais de apoio ás mulleres que desenvolven traballos no sector primario “Elas son a forza do Nadal”.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL