O prazo para que asociacións e particulares inscribisen embarcacións para participar no XV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia xa está pechado. Un total de 114 embarcacións de diferentes tipoloxías estarán en Moaña entre os días 5 e 8 de agosto. Trátanse de barcos chegados de todas partes de España e incluso de Portugal. Por primeira vez, ademais, este ano participará unha embarcación das Illas Canarias, concretamente o bote escola ‘Las Palmas de Gran Canaria’.
Ao Encontro de Embarcacións Tradicionais De Galicia foron convidadas todas as asociacións pertencentes á Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar) e entidades afíns, tanto de Galicia como doutros países e comunidades, tamén particulares e institucións de interese cultural e patrimonial. Este ano, visitarán Moaña numerosos barcos chegados do País Vasco (Zumaia, Portugalete, Lekeitio e Ondarroa), e de Portugal (Esposende). Ademais, navegarán pola ría embarcacións de infinidade de vilas de Galicia e de todas as rías galegas. Entre o cento de participantes podemos atopar barcos de Vigo, O Grove, Combarro, Ribeira, Sada, Portonovo, Cangas, Cambados, Aguete, Carril, A Pobra do Caramiñal, Cabo de Cruz, O Freixo, Muros, A Illa de Arousa, A Guarda, Meloxo, Ares, Ferrol ou Lira. Unha amplísima representación de embarcacións tradicionais que pode dar unha idea da gran riqueza marítimo fluvial de Galicia.
Nesta 15 edición, poderanse ver no mar de Moaña embarcacións pertencentes a unhas 25 tipoloxías tradicionais diferentes: botes, gamelas, dornas, bucetas, racús, dornas de tope, traiñeiras, carochos, dornas nai, galeóns, gamelas guardesas, balandros, tarrafas, lanchas xeiteiras, botes de Ribadeo, bateis, choupáns, botes de media construción, botes polbeiros, volanteiros, muletas (catalanas), catraias ou doris bacaloeiras de Euskadi. Será un espectáculo único que terá a ría de Vigo como escenario e que contará coa colaboración activa do voluntariado e das asociacións da vila de Moaña.
A aposta pola cultura será outro dos elementos fundamentais durante a celebración do Encontro de Embarcacións Tradicionais en Moaña. A vila morracense preparou unha previa moi especial desta gran desta do mar o mércores 4 de agosto cunha “Noite de fados” que terá lugar no Eirado do Ferreiro ás 21:30 horas.
Outra das citas imprescindibles do Encontro de Moaña serán as denominadas como as “Noites de música”, concertos que terán lugar no Espazo Sons de Mar ás 22:30 horas e que contará como banda sonora en directo coa música de Xurxo Souto & Pulpiño Viascón: O canto das conserveiras (xoves 5), ISGA Collective (venres 6), Guadi Galego (sábado 7) e The Lelli Kelly’s (domingo 8). A concelleira de Turismo e Promoción Económica, Coral Ríos, destacou que toda a programación desta gran festa do mar na Ría contará con seguridade sanitaria antiCovid. “Temos que seguir facendo cultura a pesar da pandemia. O sinxelo sería cancelar, pero non o imos facer. Somos teimudas”, afirmaba a concelleira moañesa.
A proposta de ocio do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia inclúe algunha das rutas guiadas de “Descubre Moaña” como é o caso de “A Moaña mariñeira”, “As canteiras do litoral de Moaña” ou a do “O último barco”.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL