A nova edición do Festival de Cans, que terá lugar do 1 ao 4 do vindeiro mes de setembro, partirá do modelo que seguiu o pasado ano, e que permitiu a celebración do certame con total normalidade. Desde a organización do festival trabállase na preparación dun certame extremando todas as precaucións, gardando as distancias sociais requeridas en cada espazo e manterase o esixente plan de limpeza e desinfección en cada jalpón, despois de cada sesión de proxeción ou cada actuación.
O Festival de Cans tamén reforzará os efectivos de seguridade interna coa intención de que haxa un control de accesos e saídas fluido en todos os jalpóns e en todos os camiños da aldea, sobre todo no horario de peche do festival, que en ningún caso rebasará a 1:00 horas da noite.
O esquema será semellante ao da última edición, cunha ampla carpa no Espazo Estrella Galicia da Leira do Río, para as actuacións principais e entrega de premios, cun aforo máximo de 300 persoas sentadas e con distanciamento. A este recinto accederase a través dunha entrada, e todo o mundo que queira asistir a este espazo ou a algunha outra actividade debe facer a súa preinscripción, segundo as normas do protocolo COVID. O mesmo ca na anterior edición, para acceder a algunha das actividades do festival será imprescindible comprar unha entrada ou facer a preinscripción gratuita."
O Festival de Cans recuperará nesta edición algúns dos seus espazos emblemáticos, como o Torreiro, ou o Jalpón e o Invernadoiro de Mucha e Juan do Peso. Ambos espazos serán destinados a actividades como pequenas actuacións musicais ou coloquios, sempre co público sentado. Todos os jalpóns do festival manterán o aforo reducido, que non rebasará o 50% e será preciso o uso de mascarilla durante as proxecións. O festival prefire manter prudencia no aforo, a pesar de que a normativa permitiría unha ocupación de ata un 75%.
Con respecto aos chimpíns, e o mesmo que aconteceu na pasada edición, o seu uso estará limitado a catro persoas, e só circularán de xeito honorífico para homenaxeadas e homenaxeados e equipos dos filmes, nas tres procesións previstas xoves 2 no Porriño, e venres 3 sábado 4 en Cans. Outra das novidades será o cambio de lugar habitual de proxecións na tarde do xoves, 2, onde os documentais “Beiras, Vivir dúas veces” de Jorge Coira, Gaspar Broullón e Pepe Coira, e “Donde se acaba la memoria” de Pablo Romero-Fresco, pasarán a proxectarse no Centro Cultural Municipal, en lugar do Círculo Recreativo. Este cambio está motivado pola maior amplitude de aforo permitido no auditorio do Centro Cultural Municipal, ó ser un espazo con butacas fixas. O acceso será con preinscripción, e quedan menos de dez entradas disponibles para cada unha destas sesións.
Por outra parte, os packs de entradas de tarde con desconto para as competición oficiais de ficción e animación, están a piques de esgotarse. Agora mesmo quedan menos de 20 entradas para as proxecións de tarde, e menos de 30 entradas para a sesión matinal.
Estes packs de oferta custan 21,50 euros con gastos de xestión, e inclúen entrada, camiseta oficial do festival, catálogo do festival e chapa de edición limitada. Esta oferta só é válida ata este domingo, e a partir de aí, o prezo será de 27 euros, sempre que quedasen entradas disponibles. En total, só sairán á venda 400 entradas para a competición central de ficción e animación, das cales 200 serán de mañá e 200 de tarde. As preinscricións para as actividades e a venda de entradas poden realizarse en tenda.festivaldecans.com
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL