O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu vén de publicar a selección de obras para a súa 14º edición, logo de recibir preto de 2.062 propostas e de visionar a maiores centos de filmes suxeridos polo equipo seleccionador. Entre o 10 e o 19 de setembro proxectaranse no Centro Social do Mar un total de 128 títulos procedentes de máis de 30 países, ofrecendo deste xeito unha ampla panorámica do mellor cinema mundial en formato curto.
O principal apartado do certame é a Sección Internacional, que se compón de 24 curtas das que seis están producidas ou coproducidas por Francia, poñendo de relevo a fortaleza da cinematografía gala. Séguenlle Estados Unidos, con catro participacións, e Canadá, con tres, aínda que tamén estarán presentes Asia, África e Latinoamérica. Así mesmo, mantense o número de directoras, pois volvemos atopar unha decena. En canto aos xéneros, destaca o documental, nunha cuarta parte das cintas. Nas temáticas percíbese unha gran variedade, pero segue pesando o cinema social e destaca tamén a busca da identidade: de xénero, relixiosa, etc.
A Sección Experimental amplíase este ano ata os trece títulos, mentres que o apartado Galicia R contará con seis e España con cinco. Os capítulos competitivos péchanse coa Sección Escolas, que reúne un total de 15 filmes entre escolas de cinema internacionais e centros de ensino galegos dos distintos niveis educativos, que terán a súa propia entrega de premios.
En canto aos apartados non competitivos, retómase a Sección Panorama, onde se amosarán dez das mellores curtas que non chegaron a entrar a concurso pero que recibiron unha alta valoración por parte do comité de selección. Haberá tamén unha nova Retrospectiva, centrada desta volta en 25 títulos da National Film Board of Canada (NFB), a maior produtora de carácter público do mundo. O FICBUEU 2021 ofrecerá ademais como novidade unha Carta Branca, sesión comisariada neste caso por Marc Bertrand, que leva máis de dúas décadas producindo cintas de animación na NFB. As seccións paralelas completaranse co Minific, que se divide en curtas familiares, cativas, infantís e xuvenís, as tres últimas para centros escolares.
En total, serán máis de trinta sesións de cine no Centro Social do Mar, onde se garantirán as necesarias medidas de seguridade perante a Covid-19. As proxeccións combinaranse con múltiples actividades como concertos, obradoiros ou charlas. O FICBUEU 2021 conta coa colaboración de diversas entidades, entre as que destacan Concello de Bueu, Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia e ICAA.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL