Ás 19:00 horas de onte, no peirao da Mosqueira (Moaña), tivo lugar a presentación do galeón Eliseo que foi recuperado por segunda vez pola Asociación Cultural e Recreativa Sueste. Ao acto, ademais da directiva e socios e socias da entidade, tamén asistiron representantes do goberno municipal como a alcaldesa Leticia Santos, membros da Deputación de Pontevedra como María Ortega, e Enrique Senra, representando a Culturmar. No acto tamén participaron outras entidades e asociacións.
O ‘Eliseo’ estivo case dous anos fóra de Moaña, coas obras para concluír a súa rehabilitación nos Astilleros Garrido do Grove. Estes traballos supuxeron moito tempo e un investimento moi considerable por parte dos socios e socias, que contaron coa colaboración da Deputación de Pontevedra.
O acto de presentación do galeón comezou cunhas breves palabras do presidente de Sueste, Pablo Martínez, da deputada Provincial, María Ortega, e da alcaldesa de Moaña, Leticia Santos. Posteriormente, as autoridades, acompañadas de membros da directiva de Sueste, realizaron unha pequena navegación polas augas de Moaña. Para rematar, houbo un ágape na explanada da Mosqueira. A navegación do Eliseo foi acompañada por algún barco chegado “ex profeso” para o acto.
O Eliseo é un galeón das rías, construído no ano 1908, tendo actualmente 113 anos de idade, sendo, con toda probabilidade, o barco en activo máis antigo en Galicia e un dos de máis antigüidade de España. A construción do Pepita/Eliseo levouse a cabo nun dos estaleiros de O Freixo (Serra de Outes), concretamente na aldea de Cerzóns, ao final da enseada de Broña, na marxe norte. O seu mestre carpinteiro foi Manuel Romero Otero, coñecido como ‘O Cacherulo’.
O Pepita, actualmente Eliseo, é un galeón típico dos construídos no Freixo, é dicir, orixinariamente non posuía cuberta, aínda que si corredores polos costados para realizar as manobras e desprazamentos da tripulación. Desde Sueste consideran que a cuberta foi posta na segunda das etapas de vida deste barco.
O galeón foi construído no ano 1908. O seu armador foi José Romaní Ferrer, fomentador catalán afincado en Esteiro (Muros), que xa posuía unha frota duns cincuenta barcos que se dedicaban á pesca da sardiña. En 1925, foi vendido a un armador de Vilalonga (Sanxenxo). Todo este período desenvólvese na ría de Muros–Noia. As funcións principais do barco foron a pesca da sardiña coa arte da xávega ou ben a compra a frote da mesma.
Este período transcorre en Vilalonga. O Eliseo ten varios armadores e dedicarase ao transporte de arxila e barro, así como ao transporte dos produtos xa rematados como ladrillos e tellas. Tivo nesta etapa ata 7 propietarios distintos. Remata esta etapa coa venda do barco a Eliseo Rey Bustelo, da Isorna (Rianxo). Case con total seguridade, é nesta etapa cando se lle coloca a cuberta, xa que orixinalmente non a tiña, unha característica dos galeóns do Freixo.
Esta é a etapa na que o galeón ten o propietario que máis anos o explotará. Dedicarase ao transporte de leña e area. Trátase de Eliseo Rey Bustelo. Isorna. En 1950, múdaselle o nome orixinal de Pepita polo de Eliseo. No ano 1959, inscríbese na Capitanía de Vilagarcía a instalación, por primeira vez, dun motor. En 1972 véndese de novo para ser transformado nun barco auxiliar da batea.
Durante estes anos, o Eliseo terá a súa base no porto de Vilanova de Arousa e logo no Grove. Dous serán os seus propietarios.
No ano 2005, a Asociación Sueste adquire o barco e comeza a súa primeira rehabilitación, devolvéndolle a súa forma primitiva para a navegación a vela.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL