A exposición “Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas” que contén as sete cantigas de amigo do xograr Martín Códax escritas a finais do século XIII, recibiu máis de 23.000 visitas nos dous meses que leva aberta ao público no Museo do Mar de Galicia de Vigo.
Así o sinalaron esta mañá o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; e o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, con motivo da presentación do catálogo da exposición, que xa está dispoñible tanto propio Museo do Mar coma na Libraría Institucional de Galicia. Así mesmo o conselleiro avanzou que, para atender á importante demanda de público, a partir do mes de xaneiro o Museo tamén abrirá as súas portas os luns.
Román Rodríguez cualificou de “fito histórico sen precedentes” a chegada do Pergamiño Vindel a Galicia, un tesouro da lírica medieval enmarcado nun ambicioso proxecto expositivo que estará a disposición do público ata o vindeiro 4 de marzo.
Segundo o conselleiro, esta mostra representa “o máis importante da axenda cultural de Galicia neste 2017, e mesmo a nivel estatal e peninsular”. Proba dilo son as máis de 23.000 visitas rexistradas entre o día 10 de outubro (data da inauguración oficial da exposición) e o pasado martes día 19. Ademais, un total de 400 centros escolares entre colexios e institutos teñen xa visita concertada.
Pódeche interesar: Horarios e prezos do Pergamiño Vindel
O proxecto expositivo dá un paso máis coa presentación do catálogo elaborado e documentado por destacados especialistas nos distintos aspectos do medievo, e no que se recolle un compendio de temáticas da Galicia que serviu de fonte de inspiración a Martín Códax. Nel recóllense aspectos relevantes como o marco político e cultural de finais do século XIII e principios do XIV, a poesía medieval galego-portuguesa, un estudo pormenorizado sobre a historia do Pergamiño (os seus periplos históricos), e o contexto xeográfico e social do Vigo de hai máis de 700 anos.
Por tanto, máis aló de testemuña bibliográfica da exposición, este catálogo configúrase como unha obra de referencia e de consulta obrigada, tanto para especialistas como para profanos, sobre a Galicia da Idade Media.
A maiores do proxecto expositivo que contén o “tesouro” do Pergamiño como elemento principal arredor do cal se incorporan unha serie de xoias e pezas do medievo, deseñouse unha ampla programación divulgativa con múltiples actividades (travesías, ciclo de cine, obradoiros) que tamén están rexistrando unha importante acollida por parte do público. A Travesía marítima Ondas do Mar de Vigo -un percorrido guiado seguindo o ronsel de Martín Códax e dos trobadores do mar de Vigo comezando no porto de Alcabre, pasando polo Museo do Mar, por diante do Museo meirande ata a Illa de San Simón e volta ao porto de orixe- foi realizada por un total de 800 persoas; e co aforo completo nas oito travesías realizadas.
No ámbito do libro e a lectura desenvólvense actividades coma “Un vermú polo Vindel”, baixo a cal coa participación de 4 librarías de Vigo, 1 de Bueu e o Museo do Mar, son escenario de encontro entre libreiros, expertos e público en xeral que comparten charla e impresións arredor dun vermú. Así mesmo desde a Consellería de Cultura se distribuíu diverso material (marcapáxinas, postais, cartelería,...) entre as 164 librerías federadas galegas co fin de que acheguen o manuscrito ao seu público. O Pergamiño tamén estivo presente na décima edición de Culturgal, a feira das industrias culturas galegas.
Pódeche interesar: Por que é importante o Pergamiño Vindel?
No eido cinematográfico estanse a programar tres ciclos de cine (en Vigo, Santiago e A Coruña) centrados na literatura e o medievo a través dos filmes. Estamos a falar dunha vintena de títulos como “Jeannette”, “Maestá!”, “Little Crusader”, “Que difícil é ser un deus”, “La academia de las musas”, “Os contos de Canterbury”, “Anticristo”; “Campanadas a media noche”; “E Cid”, “Inés de Castro” ou “Lancelot du Lac” entre outros.
Tendo en conta que unha das principais peculiaridades do Pergamiño Vindel é a notación musical de 6 das 7 cantigas que aparecen nel, tamén se deseñou unha especial programación musical da man do grupo Pres de Cambrai. Nun formato charla-concerto este grupo interpretou diferentes mostras da música dos séculos XII e XIII con réplicas de instrumentos medievais realizados por diferentes obradoiros artesáns.
Entre outras actividades dirixidas ao público máis novo cómpre salientar un obradoiro no que se achegaba o traballo que facían os monxes no “scriptorium”, o lugar onde se creaban, copiaban, decoraban e encadernaban os códices desde o século IX; así como o certame Vindevideos, para incentivar entre o alumnado a creación de videocantigas en lingua galega. No acto de presentación do catálogo do Pergamiño tamén asistiron o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves; o comisario da exposición, Francisco Singul; o director do Museo do Mar de Galicia, Vicente Caramés; así como autoridades universitarias, entre outros.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL