Unha achega de máis de 45.000 euros da Deputación permitirá ao bosque de Sobroso recuperar o seu esplendor medieval. A actuación, que foi visitada pola presidenta, Carmela Silva, eliminou as especies invasoras e implicou a plantación de 1.200 novos exemplares de árbores autóctonas.
A reforestación, que comezou a finais de 2020, trátase dun paso previo ás obras de musealización do Castelo coas que a institución provincial está a impulsar a posta en valor do recinto como espazo cultural e natural. Estes traballos enmárcanse no plan de valorización do Bosque Atlántico que rodea o Castelo, e consistiron na erradicación das especies invasoras existentes en 13 das súas 23 hectáreas (principalmente acacias e eucaliptos) e na plantación de carballos, castiñeiros, acevos, albedros e ameneiros, que terán un mantemento anual para garantir o seu óptimo desenvolvemento. Neste senso, nos últimos anos leváronse a cabo múltiples actuacións forestais e de campo, así como a sinalización da senda ambiental con códigos QR.
Con esta actuación a Deputación de Pontevedra dá un novo paso cara a esperada musealización de Sobroso, adxudicada por preto de 262.000 euros. A previsión do ente provincial é que dote ao castelo dun equipamento museográfico actual, apoiándose nas tecnoloxías audiovisuais do século XXI cun modelo turístico baseado nas experiencias. Así, os visitantes gozarán dunha ruta dunha hora de duración en galego, castelán ou inglés na que coñecerán a historia do castelo a través de sete pezas audiovisuais. A súa visita rematará co acceso á terraza, que estará equipada con atrís con imaxes panorámicas para permitir identificar todos os filtros e elementos da paisaxe.
O Castelo de Sobroso é un dos grandes atractivos turísticos da nosa provincia. En 2020 foi visitado por preto de 11.000 persoas pese aos peches e as restricións derivadas da situación sanitaria. De feito, 3.500 destas visitas tiveron lugar entre xuño e agosto sumando máis que as realizadas durante o verán de 2019. A institución provincial explica que leva destinado, en total nos últimos tres anos, máis de 300.000 euros a súa repoboación e musealización. Ademais, tras o confinamento, a Deputación integrou Sobroso no programa “Re-acción nos castelos”, que levou á fortaleza música, danza, teatro e obradoiros para nenas e nenos, enchendo o espazo de contido cultural seguro e esgotando todas as prazas dispoñibles.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL