A Concellaría de Cultura, que dirixe Fernando Groba, ultima xa as actividades que complementarán a ampla programación da quinta edición da Feira do Libro de Ponteareas, que se celebra do 15 ao 18 de xullo. Pensando no público infantil, o Concello organiza durante estes días unha serie de obradoiros, contacontos e actividades de animación coas que os nenos e nenas poderán achegarse á lectura e á literatura dun xeito diferente e divertido. O edil de Cultura convida a toda a veciñanza a participar na Feira e nas súas actividades, “pensadas para animar á lectura a pequenos, pequenas e maiores pero tamén para dinamizar o sector e dinamizar a vila”.
As actividades para os máis cativos e cativas comezarán o venres 16 de xullo cun obradoiro marcapáxinas Ex Libris pola mañá (de 12.15 a 13.00 horas) e coa xincana Bambán de Vento pola tarde (de 16.30 a 18.00 h). Xa o domino 18 os nenos e nenas poderán divertirse co obradoiro de carteis ‘Estou lendo, non molestar’ de 12.15 a 13.00 horas e pola tardes poderán achegarse á lectura co contacontos de Paula Carballeira, que fará gozar ao público coa súa ‘Merenda de contos’.
Xunto con esta programación dirixida ao público infantil, a Feira do Libro encherá durante catro días a Praza Maior coa presentación e sinatura de 22 obras literarias. Unha intensa programación á que lle porá punto e final a presentación ás 21.00 horas de ‘Palabra de Martes’, unha antoloxía que recompila os textos do alumnado do Obradoiro de Escrita Creativa de Ponteareas 2020, coordinado por María Lado e editado polo Concello de Ponteareas.
Esta edición, a Feira do Libro acollerá de novo o concurso ‘Remata o conto...’, unha iniciativa da Concellería de Cultura en colaboración con Centro Comercial Aberto Banastra coa que se busca fomentar a escritura en galego. As persoas interesadas poderán recoller na caseta da Secretaría o papel de participación, no que deberán incluír os seus datos e rematar a historia que se propón cun só texto escrito en galego. As propostas deberán entregarse na caseta antes do peche da feira.
A organización establecerá un xurado para participar na elección dos tres textos gañadores, que serán premiados cunha tableta dixital ao primer premio, un lote de libros valorado en 75 euros ao segundo e un lote de libros valorado en 50 euros para o terceiro premio.
Organizada entre o Concello de Ponteareas e a Federación de Libreiros e Editores de Galicia co apoio da Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia, a feira abrirá as súas casetas de 12.00 a 14.00 horas (agás o xoves 15) e de 18.00 a 22.00 horas.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL