A estrea do filme 'Donde acaba la memoria' servirá para abrir a XVIII edición do Festival de Cans, que terá lugar do 1 ao 4 de Setembro. A película supón a estrea como director do cineasta vigués Pablo Romero-Fresco. 'Donde acaba la memoria' é un emocionante documental protagonizado polo célebre historiador hispanista de orixe británica Ian Gibson. Na película, Pablo Romero-Fresco volve sobre a viaxe que Luis Buñuel realizou en 1933 a Las Hurdes (Cáceres), unha terra afastada e miserenta. Alí rodaría "Tierra sin pan". 85 anos despois, o hispanista e biógrafo Ian Gibson pecha o ciclo dunha viaxe emocionante, que comenza en Las Hurdes e remata sobre os restos de Lorca en Granada, pechando a viaxe dunha vida enteira.No documental interveñen cineastas como Carlos Saura ou o británico Mike Dibbs, e personalidades como Román Gubern.
Ian Gibson participará, en Cans, da estrea mundial da película, producida por Xavi Font, coproductor de "O que Arde", e que tamén compuxo a banda sonora xunto con Elba Fernández. A montaxe fíxoa Xacio Baño. A estrea terá lugar no serán do 3 de setembro no novo emprazamento do Centro Cultural Municipal do Porriño. Será inmediatamente despois do remate da "Tarde Coira", adicada ao cineasta galego Jorge Coira e na que tamén vai ser estreada o filme documental 'Beiras, vivir dúas veces'. Na película, o tamén autor de éxitos coma a serie 'HIerro' ou a película '18 comidas' achégase ás vidas do histórico político galego.
Parte da programación da XVIII edición do Festival de Cans, e tamén o seu cartaz, presentáronse hoxe na compostelá Fábrica de Nikis. O equipo desta empresa, Nikis Galicia, deseña cada ano os cartaces do certame e apoia a súa celebración. O Festival de Cans celébrase en setembro por segundo ano consecutivo despois de que o confinamento de 2020 obrigase a cambiar a data do evento. Como xa aconteceu o pasado ano, as medidas de distancia, seguridade, e sobre todo a protección dos veciños serán fundamentais nesta ediicón. O aforo volve estar limitado e a distancia social garantirase en todas as actividades.
No acto de presentación do certame, a presidenta da entidade que o promove, a Asociación Cultural Arela Keka Losada referiuse á “maioría de idade” do Festival: acada a súa edición número dezaoito. Lembrou que por segundo ano consecutivo faise un certame especial e adaptado aos tempos, ás necesarias prevencións, e ás normas. “A cultura é segura. O ano pasado foi ben e hoxe estamos aquí cumrindo 18 anos”, comentou Keka Losada. "Haberá moitas máis edicións".
Pola súa banda, Pablo Romero-Fresco explicou, sobre a película, que non se trata “de un retrato ao uso” da viaxe e do personaxe –Buñel-. E referiuse á “compoñente galega” do proxecto. “Está de principio a fin na película”, sinalou.
Tamen estiveron presentes os deseñadores de Nikkis Galicia Cristina Garre e Marcos Martin, que asinan este ano o deseño do cartaz do Festival. Martín referiuse á satisfación de colaborar “cun Festival que promociona a cultura e o rural galego”. Nas súas explicacións do deseño, Cristina Garre referiuse ao emprego dos dous rombos, un símbolo inesquecible para os seguidores españois do audiovisual, coma elemento central nesta décimo oitava edición do Festival de Cans.
Dende mañá xoves, 15 de xullo, o Festival de Cans porá á venda na súa tenda online, e cun desconto de máis do 30% sobre o prezo oficial, 200 abonos para asisitir ás proxecións das curtametraxes que participarán na sección oficial do certame. Serán 100 abonos para as sesións de mañá e outros 100 para as de tarde. Nos packs, que custan 21,50 euros, gastos de xestión incluídos, engádense ás entradas a camiseta, o catálogo do Festival e unha chapa de edición limitada. Poderanse mercar a partir das 10 horas de mañá xoves na web do festival (premer aquí). O prezo dos produtos por separado, sen a promoción de lanzamento, é de de 28.50 euros.
Ademais, dende a mesma hora ábrense as inscricións para a estrea de "Donde acaba la memoria" e para a estrea de 'Beiras, vivir dúas veces'. A asistencia é de balde pero baixo rexitro. Dadas as actuais limitacións de aforo, só hai 75 entradas dispoñbles para o público para cada un destes eventos.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL