Naceu a finais dos 70, cando todo estaba por mudar, aínda coa resaca do maior conflito laboral da historia de Vigo e nun novo réxime que deixaba atrás ao franquismo. Era o ano 1977 cando un grupo de amigos que se reunía nas tabernas de Teis nunha celebración espontánea da cultura galega decidía pasar á oficialidade. Nacía A Roda.
Entón, o grupo fundador o formaban os irmáns Luis e Suso Vaamonde, José Luis Abalde e Pituco Abalde, Manuel Piña, Keno Cabrera, e os irmáns Luis e Adolfo Domínguez “Fito”. Hoxe, 40 anos despois, conforman a Roda Xan Barcón, David Cabaleiro, Alfredo Dourado, Christian García, Alex Nores e Manoele de Felisa.
A formación, que gravou o seu primeiro LP nunha unidade móbil que se atopaba en Galicia, converteuse nun supervendas e é aínda hoxe un dos clásicos da música galega; con el gañaron o favor do público e conseguiron o Premio da Crítica Galega. A partir dese momento, centos de concertos, tanto en Galicia como fóra, nomeadamente na emigración, numerosos premios e dezasete discos máis avalan a traxectoria dun dos grupos en activo máis comprometidos coa lingua galega.
Neste ano que comeza, 2018, a formación conmemora 40 anos desde a súa fundación, toda unha vida dedicada a promover e difundir a música galega e o noso patrimonio cultural inmaterial, a través da chamada “música de raíz”, un expoñente da música popular galega, da música de taberna e un dos grupos máis antigos (aínda en activo) e coñecidos.
Nace así “A Roda live / A Roda ao vivo en Ortigueira”, o seu novo disco no que a banda se consolida no eido do etno-folk e conmemora os seus corenta anos, na que é a primeira gravación en directo editada en formato cedé que proximamente se completará con vídeo. Recompila dezaseis éxitos d'A Roda entre os que podemos atopar os míticos O gato, O andar miudiño ou o Pousa, pousa, xunto a outra serie de temas inéditos (varios compostos pola banda) e dous bonus track, 40 anos máis e Os cabaleiros d’A Roda, inéditos e compostos especialmente para a ocasión.
O repertorio viaxa do eclecticismo deste folk-rock, en temas como Alalá do Mariñeiro, ata á tradición galega con Pandeirada de Mens, pasando pola balada pop en Terras labregas, o folk instrumental en Jota da seisada e rematando na máis universal e coñecida Rianxeira.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL