Teletraballo, videoconferencias, compras en liña, banca dixital, ocio virtual... A dixitalización é un dos principais retos aos que ten que enfrontarse a sociedade galega, un desafío que xa estaba presente e que a pandemia da Covid19 puxo máis que nunca no centro do debate. Conscientes desta realidade o Consello Económico e Social de Galicia acaba de encargarlle á Universidade de Vigo a realización dunha diagnose rigorosa sobre todo este proceso, un estudo liderado polo catedrático Xosé Henrique Vázquez e que levará por título Galicia 2030: unha dixitalización 4.0 para unha sociedade 5.0.
O presidente do CES, Agustín Hernández, e o reitor, Manuel Reigosa, quen agradeceu a confianza depositada polo CES na UVigo, asinaron este luns o convenio de colaboración que permitirá a posta en marcha do informe, un estudo que, segundo indicaron tras a sinatura do acordo, incluirá ademais dunha diagnose detallada do estado actual deste proceso, a identificación dos principais retos aos que se debe facer fronte e o debate de propostas.
“Falamos dun informe moi detallado do que significa e do que vai a significar un fenómeno que xa está no día a día da sociedade e que a pandemia provocou que tivera unha grande explosión no seu desenvolvemento”, subliñou o presidente do CES. Nesta liña, tanto Hernández como Reigosa coincidiron en salientar a “ampla experiencia” coa que contan as investigadoras e investigadores da agrupación Ecobas e, máis concretamente, o grupo Rede (Research in innovation, energy and the environment) liderado por Vázquez e que conta xa cunha ampla traxectoria de investigación sobre os determinantes da dixitalización, o seu despregue nas organizacións e as súas consecuencias económicas e sociais.
“O informe avaliará o avance da dixitalización en Galicia co obxecto de definir os retos aos que se enfronta a comunidade en catro ámbitos básicos: cidadanía, empresa, emprego e relacións laborais”, explica o director do estudo, Xosé Henrique Vázquez. No ámbito da cidadanía e a democracia abordaranse aspectos como a privacidade na análise de datos, a seguridade nas conexións, a manipulación mediática, a transformación do sector público ou as brechas dixitais... No caso da empresa e a competitividade trataranse cuestións como o emprendemento dixital, a gobernanza, os equilibrios entre eficiencia organizativa e dixitalización ou como se ven afectados por este fenómeno os diferentes modelos de negocio.
En canto ao emprego e ás cualificacións, “tanto dos emprendedores como do conxunto de persoas que están no mercado laboral”, salientou Hernández, abordaranse as posibles vías de evolución da contratación, os riscos da automatización de postos ou as novas habilidades que cada vez se requirirán máis. “Trataremos de analizar como van ser as transicións de emprego, a canta xente van afectar, a que tipo de categorías laborais…”, explica Xosé Henrique Vázquez, quen fai fincapé en que, “dando por suposto que vai haber transicións de emprego que van ser complicadas e é importante analizar o grado de duración que poden chegar a ter, a que sectores afectarán máis, etc”. Nesta liña, o cuarto eixe, vertebrarase precisamente en torno ás relacións laborais, e nel afondarase nos retos que supón a dixitalización a nivel salarios, horas de traballo ou na propia representación colectiva.
Para concluír, o equipo de investigación liderado por Vázquez formulará propostas en campos diversos que poderán afectar a ámbitos como o da Gobernanza e goberno dixitais, igualdade de oportunidades e imposición fiscal, ciberespazo seguro e respectuoso coa privacidade, transicións de emprego e condicións laborais, educación, formación e cambio nas cualificacións, competencia e regulación, ou pactos sociais e representación colectiva dos traballadores na era dixital.
Este grupo Rede –adscrito a Ecobas- conta cunha longa traxectoria de colaboración coa Confederación de Empresarios de Galicia e cos tres principais sindicatos en temas relacionados co presente e o futuro industrial do país. “Arrancamos no 2017 coa elaboración dun informe que se chamou Por unha alianza no sector industrial galego e ao que logo seguiron outros estudos sobre a evolución do sector industrial”, salienta o director, ao tempo que fai fincapé en que a dixitalización “é un proceso que excede os límites do sector industrial e que ten un forte compoñente social para co conxunto da cidadanía”.
Neste caso, o traballo, dotado cunha achega económica de 30.000 euros, realizarase en colaboración coa correspondente comisión sectorial do CES e a previsión é presentar os resultados a finais de ano.
Se ha registrado una nueva propuesta para evitar que el faro de la illa de Ons caiga en descuido. Esta es la petición que hacen
Alfonso Rueda señala a Óscar Puente tras sufrir en primera persona las incidencias de los trenes de Galicia. El presidente de la Xunta ha quedado atrapado en Ourense
Redondela continúa trabajando para reducir el número de gatos callejeros. Este es el programa "pionero" que acaban de presentar
La Guardia Civil ya investiga la muerte del niño que ha aparecido en Ares. El joven salió a pasear en bici y desapareció misteriosamente
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL