Dende crimes por resolver ata unha visita ao pasado da nosa cidade. Nesta selección de libros en galego atópanse historias de todas as tipoloxías, para eses días de verán nos que apetece mergullar entre páxinas. Coñece estas novelas que non poderás deixar de ler ata ter rematado!
"Marxes" traza un mapa afectivo con itinerarios por Vigo no que que se rememoran, con textos, fotografías e ilustracións, as batallas do Vigo rebelde e solidario. Son 40 historias reais que retratan con emoción episodios relevantes para as clases populares viguesas.
Todo está pronto para a festa de homenaxe ao ex tenista Basil Rallis a bordo da goleta La Giralda, nas fermosas augas da baía de Santander cando a organizadora, a arrebatadora Judith Pombo, aparece morta encerrada no seu camarote. Todos os invitados pasan a ser sospeitosos nun caso de asasinato aparentemente imposible.
Camila viviu durante décadas unha mentira sostida coa complicidade dos que a rodean. No seu regreso á vila de Briana, no verán de 1987, deberá reunir o valor para enfrontarse á verdade. Alí, Antón, o ferreiro artista, pechouse no seu mundo, a arrastrar a dor e a culpa dos que non souberon ver como o mal se estendía ata que foi demasiado tarde. A visita da súa neta, Helia, vivo retrato da avoa, daralle azos para contar o que durante tantos anos calou.
Unha mestra que loita contra a desigualdade e os prexuízos sociais nunhas circunstancias difíciles.
Un escritor de novelas policiais, residentes en Londres, que descobre unha verdade sorprendente entre os papeis do legado da súa nai. Unha moza que persiste nun noivado secreto e prohibido. Un emigrante galego na Arxentina que non esquece a súa orixe mentres anda en procura do éxito económico. Un historiador que, arrastrado pola violencia dos acontecementos, lembra os momentos cruciais da súa vida. Estes son algúns dos personaxes que compoñen unha trama na que a normalidade é só a aparencia baixo a que se ocultan misterios inquietantes. Todo canto fomos é unha novela que percorre máis de un século de historia galega para devolvernos o relato dun pasado que segue alentando no presente.
Tras a erosión, a ferida campa con felicidade, nunha sorte de benvida que abre as fendas do glaciar. Entramos por esas portas de luz a piques de esvaecerse, fíos para funámbulas e outros seres dispostos á tenrura e ao risco de confiar nun horizonte. Viaxe que atravesa as primeiras capas do rochedo e atopa unha pel, que narcoticamente rodea as feridas con palabras ata esquecelas. Como di Anne Carson unha ferida despide a súa propia luz e non sabemos ata onde pode chegar o resplandor, mais confiamos na voz firme de Laura de Cáceres que nos advirte da entrega feroz: confianza era achegar a man aberta a un ferro ardendo
sabendo que non ías relaxar nin un só músculo.
Quen che contou que os Gazafellos non existen? Abofé que existen. E son ben graciosos e extravagantes. Descubre que aventuras lles pasaron a Mauro e Tiago cando coñeceron a Fede e o seu mundo se revolucionou.
As fantásticas aventuras de quen fora gardián do radiofaro do asteroide X.99 é outro dos inesquecibles clásicos de Gianni Rodari. Historias para deleitarse coa palabra e cos xogos lingüísticos, co humor e co enxeño. Mundos e encontros fascinantes movidos pola curiosidade o desexo de amizade, coa excusa de exercitar a imaxinación.
Había moito tempo que os animais andaban a matinar a que sabía a lúa. Era doce ou salgada? Só querían probar un anaco pequeno. Polas noites, miraban ansiosos para o ceo. Estarricábanse e estiraban o pescozo, as pernas e os brazos, tentando collela... Quen non soñou algunha vez con darlle unha dentada á lúa? Este foi precisamente o desexo dos animais deste conto. Tan só querían probar un anaquiño pero, por máis que se estiraban, non eran quen de tocala. Daquela, a tartaruga tivo unha idea xenial: Se sobes ao meu lombo, poida que cheguemos onda ela?, díxolle ao elefante.
Todos estes títulos e moitas máis apostas en galego poderedes atopalos estes días na Feira do Libro de Vigo que acolle a Rúa do Príncipe ata a próxima semana.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL