Este mércores un equipo de investigadores do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo partía de Reiquiavik a bordo do Sarmiento de Gamboa para iniciar a primeira campaña oceanográfica do proxecto BOCATS2 (Observación bienal del carbono, acidificación, transporte y sedimentación en el Atlántico Norte). Este estudo comprende dous subproxectos, un centrado na caracterización da columna de auga (propiedades físicas e químicas) e outro na caracterización dos sedimentos para interpretar as propiedades e dinámica das masas de auga no pasado, no que serían as últimas decenas de miles de anos. Esta segunda parte é a que coordinan os investigadores do CIM-UVigo Guillermo Francés, do Grupo de Oceanografía Xeolóxica e Bioxeoquímica e Gabriel Rosón, do Grupo de Oceanografía Física. Supón a continuación dun primeiro estudo realizado en 2016 (BOCATS) e ten como principal obxectivo “continuar co seguimento observacional (recente e pasado) da circulación e a acidificación oceánicas no Atlántico norte”. A información que obteñan é “esencial para avanzar na detección precisa do impacto antropoxénico e para mellorar as proxeccións dos modelos climáticos axustados que sustentan os informes do IPCC para o xiro subpolar do Atlántico norte (SPNA), rexión coñecida pola súa forte influencia no clima europeo”, como destaca Guillermo Francés.
Esta expedición non é allea ás circunstancias especiais que marca a pandemia da covid-19. O equipo científico, formado polos investigadores da UVigo Irene Alejo, Marta Pérez Arlucea, Miguel Ángel Nombela e Guillermo Francés, a estudante de Ciencias do Mar Mª Fernanda Copete, a técnica Susa Álvarez, un investigador do ICM-CSIC de Barcelona e unha estudante da Royal Holloway University viuse obrigado a realizar unha corentena de 6 días ao chegar a Islandia antes de poder embarcar no Sarmiento de Gamboa. Por fin, este martes puideron subir ao buque oceanográfico, que partiu de Vigo o 28 de maio con outro equipo científico que desenvolveu, nestas semanas, estudos enmarcados dentro doutro subproxecto de BOCATS2. Tras un día a bordo para preparar cuestións de última hora, onte mércores o barco saíu do porto de Reiquiavik.
E é que como explica Guillermo Francés, o estudo coordinado polo CIM forma parte dun proxecto máis amplo, coordinado polo Instituto de Investigacións Mariñas (IIM, CSIC), e financiado con 342.430 euros, dos que 124.630 corresponden ao subproxecto da Universidade de Vigo, no marco do programa Xeración de Coñecemento 2019 do Ministerio de Ciencia e Innovación. O obxectivo global é estudar a variabilidade milenaria e submilenaria das correntes profundas a través das canles que atravesan a dorsal de Reykjanes (zonas de fractura de Bight e de Charlie-Gibbs), ao suroeste de Islandia. Estas dúas zonas de fractura, sobre todo a de CGFZ, constitúen os principais roteiros de comunicación de augas profundas entre as concas occidental e oriental do Atlántico norte e a súa hidrografía é bastante descoñecida, tanto na actualidade como no pasado, cando estaban baixo outras condicións climáticas globais. BOCATS2 tamén pretende seguir coa estimación do fluxo de carbonato e carbono orgánico aos sedimentos, na liña do proxecto precedente, aspectos esenciais relacionados coa produción, a acumulación e a preservación deses compostos (ciclo de carbono, acidificación, etc.).
O equipo a bordo do Sarmiento de Gamboa focalizará o seu traballo na Bight Fracture Zone, unha gran falla transformante que corta a dorsal de Reykjanes e que é unha das vías de comunicación principais para as masas de auga profundas entre as concas oriental e occidental do Atlántico norte”. A outra, engade, “é a Charlie-Gibbs Fracture Zone”. O plan científico para estas próximas semanas comprende dúas fases. Por unha banda, “a caracterización acústica do fondo mariño con ecosondas multifeixe e paramétrica co fin de obter unha cartografía de detalle, a estrutura interna dos primeiros metros do recheo sedimentario e a elección máis adecuada dos puntos de mostraxe”. A segunda parte do traballo consistirá na obtención de mostras de sedimentos superficiais empregando unha draga tipo box-corer”, para a continuación, realizar “o rexistro sedimentario mediante sacatestemuños de gravidade”. Ambas operacións realizaranse en catro puntos diferentes ao longo da zona de fractura, “dous ao oeste da dorsal e outros dous ao este”.
O equipo regresará ao porto de Vigo a mediados de xullo, pero a esta campaña oceanográfica seguiralle unha segunda en 2023, coa se completará o proxecto.
Se ha registrado una nueva propuesta para evitar que el faro de la illa de Ons caiga en descuido. Esta es la petición que hacen
Alfonso Rueda señala a Óscar Puente tras sufrir en primera persona las incidencias de los trenes de Galicia. El presidente de la Xunta ha quedado atrapado en Ourense
Redondela continúa trabajando para reducir el número de gatos callejeros. Este es el programa "pionero" que acaban de presentar
La Guardia Civil ya investiga la muerte del niño que ha aparecido en Ares. El joven salió a pasear en bici y desapareció misteriosamente
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL