A Academia Galega do Teatro (AGT) outorga o seu Premio de Honra a Xosé Manuel Pazos Varela polo seu “compromiso e traballo para crear un futuro para o teatro do noso país”. A presidenta da Academia, Imma António Souto, explica que o que fora alcalde de Cangas é merecedor deste galardón porque o feito de que “Cangas teña un Auditorio e exista esta Mostra de Teatro cun público asentado ten que ver co seu traballo ao longo moitos anos”. A Academia Galega de Teatro destaca “o xeito que sempre tivo Xosé Manuel Pazos de levar a vida política sempre da man da vida cultural”.
Este galardón será entregado hoxe xoves ao longo da inauguración da exposición documental e da homenaxe a Xosé Manuel Pazos organizada pola Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas e que marca o inicio desta 38ª edición.
Pazos era, fundamentalmente, un home do teatro, desenvolvendo traballos como actor, director, autor e tradutor teatral. Nos anos 70, froito do asociacionismo e da súa intensa actividade cultural e política, promove iniciativas como o grupo de Teatro Matamoura de Coiro que derivou no Colectivo de Teatro Múa e posteriormente na Escola Dramática Galega (Sección Vigo), para en 1986 poñer o colofón coa creación de Teatro de Ningures. Con Teatro de Ningures participa nos seus inicios como actor, para logo dedicarse a labores de produción e, finalmente, ás de tradución, adaptación e escrita de textos teatrais, estando vencellado practicamente a todos os espectáculos desta compañía. En 2008 recibiu o Premio Max das Artes Escénicas ao Mellor Autor Teatral en Galego xunto a Cándido Pazó, Suso de Toro, Anxos Sumai e Sonia Delgado por ‘Emigrados’. A presidenta da AGT destaca o “xeito conciliador” do que fixo gala sempre o ‘Alcalde do Teatro’, entendendo “a cultura como un dereito” para a cidadanía. Imma António sinala que Pazos Varela é gran merecedor deste premio. “A mágoa é que chegamos tarde para darllo en vida porque a vocación destes galardóns é entregalos en vida”.
A Academia Galega de Teatro fundouse o 21 de outubro de 2017 cun primeiro obxectivo: fomentar o desenvolvemento das artes e as ciencias relacionadas directa ou indirectamente co teatro, a arte dramática e a produción teatral en todos os seus subsectores, xéneros e formatos. Ata este ano, recibiron o Premio de Honra, Manolo Lourenzo, Luís Álvarez Pousa, María Xosé Queizán, Ernesto Chao, Celso Parada e Gustavo Pernas.
Xosé Manuel Pazos foi case nos últimos anos un dos académicos da AGT. “É absolutamente de recibo que a Academia destaque o seu importante traballo e contribúa a visibilizalo socialmente”, afirma Imma António. “Pazos ten méritos suficientes para ser un home que a sociedada galego considere un patrimonio de seu”, destaca.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL