O pasado 17 de maio dedicouse o Día dás Letras Galegas á poeta Xela Arias, unha muller icónica, feminista, rebelde; anticipada ao seu tempo. Este xoves 1 de xullo, a Orquestra Vigo 430 súmase aos actos na súa memoria cun evento moi especial. Unha Homenaxe a Xela Arias na que o Ensemble Vigo 430 únese á escritora Ledicia Costas nun concerto diferente, no que se intercalarán a interpretación de pezas dos compositores Edvard Grieg e Robert Schumann con diversos poemas da obra de Xela Arias. Celebrarase a partir das 20:00 horas no Auditorio do Concello.
O Ensemble Vigo 430 contará, para esta cita tan sinalada, coa violinista Ioana Cristina Goicea, quen aos seus 27 anos é, ademais dunha solicitada concertista internacional, profesora de violín da prestixiosa Universidade de Música e Artes Escénicas de Viena. Foi laureada nos máis importantes concursos de violín, como o Michael Hill, Fritz Kreisler ou o Queen Elizabeth, e o seu interese pola música de cámara tráea de novo a Vigo para colaborar nesta homenaxe co Ensemble Vigo 430, que estará formado nesta ocasión por Severino Ortiz (piano), Mario Peris (violín), Javier Escobar (viola) e Ariadna Chmelik (violoncelo).
Unha cita na que se poderá gozar de dúas suxestivas obras de música de cámara: en primeiro lugar, Ioana C. Goicea e Severino Ortiz interpretarán a sonata para violín e piano op.45 en do menor do compositor nórdico Edvard Grieg, unha obra que, caracterizada pola súa gran intensidade dramática, foi aclamada en toda Europa desde o momento da súa estrea -en 1887-. O programa musical completarase cunha das obras máis soadas do repertorio camerístico, como é o quinteto op.44 para piano e cordas de Robert Schumann. Considerada como o prototipo do romanticismo musical, trátase da primeira gran obra mestra para piano e cuarteto de cordas, estreada en 1843. A obra constitúe un modelo de dinamismo, fantasía imaxinativa e frescura.
Unha frescura que chegará ao Auditorio do Concello tamén co recital de poemas de Xela Arias. Un percorrido por toda a súa obra que correrá a cargo da laureada escritora viguesa Ledicia Costas. Autora versátil, galardoada co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 2015 e recoñecida como Viguesa Distinguida o pasado 2018, entre outras moitas distincións, converteuse nun fenómeno de masas cos seus libros de Esmeraldina, Escarlatina ou Señorita Bubble. As súas obras traducíronse ao italiano, francés, inglés, coreano, búlgaro, romanés ou persa. ‘Infamia’ foi o debut de Ledicia Costas na narrativa adulta; unha obra vibrante que tamén cultivou numerosos éxitos.
O acto será presentado pola xornalista viguesa Guada Guerra. Coma sempre, respectaranse as restricións de aforo derivadas da situación sanitaria, e respectaranse todas as medidas de seguridade pertinentes. A entrada para gozar do evento será gratuíta. Para cumprir cos protocolos, así como para evitar aglomeracións e malentendidos á entrada do concerto, será necesario efectuar unha reserva previa en reservas@vigo430.com, indicando o número de asistentes e os seus datos de contacto -nome, apelidos, DNI-. O xoves darase prioridade no acceso a todas aquelas persoas que conten con reserva previa. Unha vez sexan xestionadas as reservas, se continúa habendo butacas dispoñibles, a entrada será libre ata completar o aforo permitido.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL