Moaña non quere perder o tren do Camiño de Santiago e está decidida a poñer en valor unha ruta descoñecida, pouco frecuentada, pero moi desexada por aqueles que valoran a natureza na súa peregrinaxe á capital galega. Despois dun traballo de ano de varios anos, o Concello comezará coa promoción da variante do Camiño Portugués Pola Costa por terras moañesas con visitas guiadas.
Ao longo de tres domingos de xullo, celebraranse rutas guiadas para divulgar esta variante que escapa das opcións máis frecuentadas pero que circula case como segredo nos foros especializados e entre os camiñantes máis intrépidos. “Esta variante viña sendo usada durante anos timidamente polos peregrinos, especialmente estranxeiros, e presenta un percorrido totalmente diferente ao habitual”, explica o concelleiro de Mobilidade, Rodrigo Currás.
Nos foros internacionais é posible atopar a viaxeiros preguntando por esta opción. Poñen en valor especialmente a combinación de elementos que o fan especial. Unha viaxe en barco dende Vigo (tras chegar pola variante pola costa dende Portugal) onde, explican, “se tes sorte podes ver golfiños”. Chegados a Moaña a ruta comeza na praia da Xunqueira para entrar no sendeiro do Río Fraga coa súa natureza desbordante e levarnos ao Parque Forestal do Lago Castiñeiras e, xa despois, cara Pontevedra e Santiago.
“É unha opción chea de contrastes, dende unha zona urbana e comercial como Concepción Arenal onde pódense abastecer no mercado local e desfrutar dunha panorámica da praia até lugares cheos de encanto polo sendeiro da Fraga”, argumenta Currás.
A variante está recollida tamén en ferramentas de xeolocalización como Wikiloc, aínda que avisan que é preciso recorrer a mapas e GPS para non perderse na multitude de sendeiros. O obxectivo do Concello é precisamente comezar a promoción e divulgación do mesmo tamén entre os camiñantes locais.
As visitas guiadas terán lugar os domingos 4, 11 e 25 de xullo. Comezarán ás 10:30 do porto de Pasaxe e finalizarán ás 16:00 horas despois dunha parada para xantar. A volta farase en autobús. Cada unha das rutas ten un aforo máximo de 25 persoas, polo que é necesario anotarse previamente a través do correo turismoconcellodemoana@gmail.com ou no WhatsApp 609 746 170 de mércores a sábado.
Galicia, que se prepara para disfrutar de una experiencia del mundo de Harry Potter, cuenta con dos tiendas especializadas en el mundo mágico
Una escapada al norte de Portugal realmente cerca de Vigo. Si buscas una excursión diferente, apúntate este curioso alojamiento
Galicia se impone a Gales, Eslovenia o Japón en este premio internacional. Este es el "road trip" que conquista el mundo entero
Si estás buscando escapadas en Galicia, apúntate este pazo que ha sido declarado BIC y ha logrado este año el Travellers' Choice de TripAdvisor
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL