Cultura, patrimonio e tradición mesturaranse na primeira semana de xullo no casco vello de Tui para dar pé ao novo Festival da Cultura Tradicional e Folk, que busca converterse nun referente da música tradicional galega e nace na súa primeira edición da man do gaiteiro moañés Anxo Lorenzo. A cita, que se celebrará do 1 ao 4 de xullo, incluirá un programa de actividades que combinará a cultura tradicional da Raia e a posta en valor da súa historia, así como o xa asentado certame de gaita e tamboril e un concerto no luscofusco fronte a Catedral de Tui.
No apartado teatral, o festival inclúe a representación da obra “O Estraperlo”, unha peza creada ad hoc por Yoel Santos, director da mesma, e que conta con Julia Alonso, David Carbó e Miguel Martínez como actores que se encargarán de recuperar as vivencias e historia do estraperlo arraiano. Con esta obra búscase recuperar a historia destas mulleres e homes que sobrevivían co contrabando na fronteira. “ Creo que quedara no esquecemento, que se coñecía a historia pero que non se tiña en conta. O noso pobo o coñece, pero non lle deu o peso que merece” explica Carbó para asegurar que “o obxectivo é que tras ver a obra os nenos e nenas falen cos seus avós e lles pregunten” porque “fala de pequenos momentos e pequenas persoas que en realidade non eran tan pequenas". A cita terá lugar o venres 2 de xullo a partir das 21:00 horas no Teatro da Área Panorámica. A obra contará coa música en directo de Fiadeiro.
O sábado 3, terá lugar o xa enraizado Certame de Gaita e Tamboril, que celebrará a súa 6ª edición na busca do mellor gaiteiro do país. Comezará ás 20.30 horas na Praza da Catedral e contará con participantes das catro provincias do país. A xornada rematará co concerto do gaiteiro Anxo Lorenzo e invitados especiais de primeiro nivel. Dará comezo tralo certame, ás 23.00 horas, no pórtico da Catedral de Tui. O concerto retransmitirase en directo a través do Facebook da Asociación San Telmo de Tui. Anxo Lorenzo explicou na presentación oficial do festival que “se trata dun espectáculo único deseñado para o espazo da praza da Catedral” cunha escolma da mellor música dos últimos 20 anos.
De forma paralela, celebraranse clases maxistrais no Cárcere Vello, nas que se contará con grandes músicos en diferentes disciplinas como a zanfona, a gaita, o baile tradicional, o whistle, o acordeón, o pandeiro, percusión tradicional ou corda pulsada. Á fronte destas clases maxistrais estará o propio Anxo Lorenzo nas disciplinas de gaita galega e whistle, e Ruth Pérez será a encargada de impartir a aula de baile tradicional, quen fará un pequeno percorrido por algúns dos lugares da comarca dos Ancares, onde verán diferentes recursos e xeitos do baile solto. Carlos Álvarez impartirá a clase maxistral de pandeiro de man, e Kinhos Saburido a de percusión tradicional. Ademáis, Gutier Álvarez será o encargado de dirixir a clase de zanfona, mentres que Rubén Bada impartirá a de corda pulsada. Por último, Jorge Juncal dará a clase de acordeón.
Detrás da organización está a Asociación Cultural San Telmo que espera, segundo explicou a súa presidenta, Conchi Sales, “recuperar costumes e tradicións que se perderon no Baixo Miño”. Para Enrique Cabaleiro este festival é “unha proba do traballo en defensa da cultura galega de todos os organizadores, en especial o da Asociación San Telmo”. O rexedor tudense mostrou a súa aposta por un evento que “se vai ir consolidando e crecendo ano a ano xa que trata sobre algo que formou parte da nosa cultura e da nosa forma de ser, sobre unha época marcada polo estraperlo, recuperando así unha parte do noso legado e identidade”.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL