O grupo de investigación en Novos Materiais da Universidade de Vigo, liderado polo catedrático Pío González, acada un novo recoñecemento á súa traxectoria científica ao obter un dos Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2021, que outorga a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia. O seu proxecto Biofast, que ten como obxectivo xerar un biomaterial para rexeneración ósea, foi galardoado na categoría Fernando Calvet Prats a un caso de éxito de transferencia de tecnoloxía dun grupo de investigación.
O grupo, que forma parte do Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais (Cintecx) da UVigo, desenvolveu un proceso de fabricación de biocerámicas a partir de dentes de tiburón para a súa aplicación clínica como enxerto óseo en odontoloxía e traumatoloxía. Trátase do primeiro produto destas características de orixe mariño, cunha composición similar á do óso humano, e que presenta boas propiedades fisicoquímicas que favorecen a osteointegración. O xurado dos premios valorou o desenvolvemento e transferencia dun produto biomédico innovador cunha excelente aplicación en traumatoloxía, odontoloxía e maxilofacial.
No proxecto están implicados os investigadores do Grupo de Novos Materiais Pío González, Julia Serra e Stefano Chiussi, que reciben o premio coa satisfacción enorme de que os seus resultados científicos poidan redundar nun beneficio directo á saúde e benestar das persoas e, desta forma, retornar á sociedade parte do investimento en I+D ao longo destes anos. González recalca que “os recoñecementos son sempre acollidos con ledicia por parte dun grupo de investigación e son un indicador de que as cousas van polo bo camiño". Pero neste caso "é moi especial, dado que o recoñecemento xorde da Real Academia Galega de Ciencias, unha institución que está constituída por investigadores e investigadoras de varios ámbitos con grande relevancia e que son referentes para todos nós”.
O proxecto Biofast arrancou en 2013 como resultado da participación do Grupo de Novos Materiais no proxecto Marmed (Interreg Atlantic Area) sobre a valorización de subprodutos e descartes da pesca sostible mediante a obtención de produtos biomédicos. Unha vez concluída a fase investigadora, en 2017 arrancou o proceso de transferencia de tecnoloxía grazas ao financiamento do programa Ignicia de Gain, que lles achegou recursos económicos e humanos para introducir este produto no mercado. Con este obxectivo, o grupo asinou un contrato de licenza coa empresa Ziacom Medical. A compañía, explica Pío González, atópase “na fase de implementación do proceso de fabricación deste biomaterial nas súas instalacións. A produción debe realizarse en sala branca cun control de calidade moi esixente, como require a normativa regulatoria dos produtos biomédicos. O seguinte paso será solicitar a autorización para iniciar os ensaios clínicos en humanos”.
Os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia están destinados a recoñecer traballos de investigación aplicada, casos de éxito en transferencia de coñecemento e casos de éxito empresarial de implantación de tecnoloxía. Nesta sétima edición recibíronse un total de 32 propostas para as tres categorías do certame. O xurado estivo composto pola secretaria da RAGC, Pilar Bermejo, que actuou como presidenta do xurado; e os vogais, Alicia Estévez, vicepresidenta da RAGC, Fernando Pérez, responsable de publicacións e relacións sociais da RAGC, que tamén exerce como secretario do xurado; María Diéguez e Elena Polo, de Gain, Norberto Penedo do Igape e Luis Álvarez Sestelo, da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).
En total, outórganse tres premios en outras tantas categorías. Ademais do galardón Fernando Calvet Prats a un caso de éxito de transferencia de tecnoloxía dun grupo de investigación, que foi para o proxecto vigués, tamén se fallaron os premios Francisco Guitián Ojea a un traballo de investigación aplicada e o premio Ricardo Bescansa Martínez a un caso de éxito de implantación de tecnoloxía transferida a empresas.
No primeiro caso, a distinción foi para un traballo sobre a utilización de proteínas da parede celular bacteriana como base para a formulación de vacinas de subunidades con aplicación en acuicultura desenvolvido por investigadores das universidades de Santiago de Compostela e A Coruña. Na outra categoría, o xurado premiou a Alice Biometrics, spin-off do centro tecnolóxico Gradiant, que explota comercialmente a solución de verificación de identidade desenvolvida neste centro durante máis de oito anos.
Os tres traballos distinguidos recibirán un premio de 6000 euros cada un e un diploma acreditativo. Os galardóns entregarase nun acto que se celebrará o vindeiro martes, 29 de xuño, ás 19:00 horas no Pazo de San Roque de Santiago de Compostela.
Se ha registrado una nueva propuesta para evitar que el faro de la illa de Ons caiga en descuido. Esta es la petición que hacen
Alfonso Rueda señala a Óscar Puente tras sufrir en primera persona las incidencias de los trenes de Galicia. El presidente de la Xunta ha quedado atrapado en Ourense
Redondela continúa trabajando para reducir el número de gatos callejeros. Este es el programa "pionero" que acaban de presentar
La Guardia Civil ya investiga la muerte del niño que ha aparecido en Ares. El joven salió a pasear en bici y desapareció misteriosamente
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL