O Galician Freaky Film Festival quenta motores para a súa vindeira edición, que terá lugar do 29 de setembro ao 2 de outubro. Coma xa é costume, presentaron o cartel ao carón do Dinoseto, quen nunca falta á cita co festival máis freak e gamberro de Vigo. Nesta ocasión, o cartel rende homenaxe a unha das sagas máis icónicas do cine de terror: Evil Dead, dirixida por Sam Raimi, cando se cumpren 40 anos do estreo da saga. Cunha ilustración de Paulo Mosca e un deseño de María Llauger, mostra ao protagonista dos filmes, Ash, coa súa mítica motoserra na man dereita e unha escopeta na esquerda, enriba dunha morea de corpos e esqueletos, onde, por suposto, non falta o Dinoseto.
Á presentación acudiu a organización do festival e a deputada de Turismo e Xuventude Ana Laura Iglesias, quen quixo darlle un total apoio ao certame. Así, explica que “dende a Deputación de Pontevedra non podíamos faltar a esta cita. Estamos na presentación e estaremos tamén no festival porque así o merecen, polo seu enorme traballo e porque entendemos que, como administración provincial, temos que estar apoiando este tipo de festivais. Apoiamos os festivais de música e tamén apoiamos aos festivais de cinema e o Galician Freaky Film Festival non podía ser menos”.
Doutra banda, Juan de Castro, director do certame, tamén quixo mostrar o seu agradecemento a Deputación de Pontevedra, tanto polo apoio incondicional ao festival, como por ter creado Rías Baixas Film Fest, marca baixo a cal se agrupan diversos festivais da contorna. “Para nos é o puntal máis importante para poder seguir facendo o festival, tanto coa axuda económica como coa axuda de imprenta municipal e provincial”, afirma de Castro.
Por suposto, dende a organización do evento, están moi contentos coa quinta edición, que o 30 de xuño remata a recepción de filmes a concurso. Ademais, este ano tamén se poderá desfrutar dun festival híbrido, podendo ver as películas tanto de xeito presencial como de forma online a través da plataforma FestHome, xa que tivo unha grande acollida e máis de 6000 visualizacións. Así, Juan de Castro afirma que na pasada edición, “vendimos todos os abonos, conseguimos estrear 40 filmes inéditos en Galicia. Por iso seguiremos nesa liña, traer unha sección oficial de preto de 60 traballos, mantendo ese nivel dos mellores certames do mundo e un catálogo feito para sorprender a todos os asistentes”.
A quinta edición do Galician Freaky Film Festival estará chea de actividades e novidades para os amantes do frikismo. Así, entre elas destaca Peque Freak, unha xornada feita co apoio do Concello de Vigo onde os protagonistas serán os máis cativos, que poderán gozar de filmes e eventos pensados para eles.
A organización tamén adianta que nos vindeiros días lanzarase, ao igual que o ano anterior, “Curta ou Susto”, un concurso para todos os creadores e creadoras audiovisuais, tanto afeccionados como profesionais, no que se deberá enviar pequenas pezas audiovisuais nas que se transmita calquera sensación que produza un forte arrepío nos espectadores.
Por suposto, tamén haberá oco para outro tipo de actividades como exposicións, charlas, encontros ou a xa tradicional musicalización de filmes mudos en directo de Caspervek.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL