Froitas con zapatillas deportivas e que lembran a importancia dunha alimentación variada e equilibrada, personaxes con forma de pinga que inciden na necesidade de inxerir entre catro e seis vasos de auga ao día e figuras que representan pantallas e que reclaman un consumo responsable dos dispositivos tecnolóxicos... As investigadoras do grupo Remoss da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Cristina Varela e Begoña Paz, xunto coa asociación Paspallás, achegaron esta serie de personaxes ata as paredes do servizo de consultas externas infantís do Hospital Naval de Ferrol, onde levaron a cabo un proxecto de ambientación dirixido a fomentar hábitos saudables na infancia e na mocidade.
“O que realizamos é un proceso de humanización, que ten en conta tanto as necesidades do espazo, como as do persoal e os usuarios, e que sempre está enfocado cara un concepto, que neste caso era o tema dos hábitos saudables”, explica Varela dun proxecto que parte dunha análise previa e das necesidades trasladadas polos profesionais do centro hospitalario. De feito, trátase dunha intervención, financiada pola xerencia da área sanitaria, que dá continuidade ao outros proxectos de ambientación que as docentes da Área de Didáctica da Expresión Plástica realizaron previamente no Hopsital Arquitecto Marcide de Ferrol.
A presenza neste servizo dunha consulta “a que acoden nenos con problemas de alimentación e sobrepeso” foi un dos factores que levou a orientar o proxecto no fomento de hábitos saudables, de tal xeito que espazos de agarda e de tránsito permitisen “ir traballando toda esta serie de temas” que logo se abordarán nas consultas, a través dunha serie de “mensaxes integradas” no propio espazo. Como explican as investigadoras do campus pontevedrés, o proxecto articulouse en “cinco bloques de intervención visual”, que se reúnen no expositor situado na sala de agarda; a alimentación saudable, o consumo de auga, o uso responsable da tecnoloxía, a práctica de actividade física e a idea das “cidades humanizadas”. Este último bloque, como explica Varela, busca pór o foco nun aspecto no que se insiste no propio centro hospitalario, “que o fomento dos hábitos saudables non pode acabar no espazo da consulta, senón que a contorna é fundamental”, o que levounas a incidir, explican, na idea “de como habitas, consumes e transitas” nun determinado espazo, como é neste caso a cidade.
Nun servizo ao que acoden desde nenos e nenas ata mozos e mozas de 15 ou 16 anos, buscaron integrar unha serie de propostas visuais que implicasen “diferentes rexistros e diferentes niveis de intervención”, como explica Paz. A idea era transformar o que antes era un “corredor plano e lineal” nunha contorna que “pasase a ter moita forza a nivel plástico”, o que levounas a traballar nunha serie de contidos e elementos que servisen, ao longo do servizo, para “reforzar as mensaxes”, como un panel que aborda as cantidades que sería recomendable tomar cada semana de cada grupo de alimentos.
Máis aló desta serie de personaxes e mensaxes, o proxecto abrangueu unha intervención sobre o conxunto de elementos presentes no servizo, desde os paneis informativos que emprega o persoal, ata a cartelaría, o rotulado das portas das consultas, a instalación de novo mobiliario ou mesmo unha actuación sobre unha cristaleira “na que daba demasiado o sol á que incorporamos unha trama de vinilo para que filtrase a luz”.
Este proxecto serviu tamén para trasladar ás paredes do Hospital Naval algunhas das personaxes creadas polas investigadoras do grupo Remoss no marco do proxecto de innovación educativa que desenvolven ao longo deste 2021. Seleccionado na convocatoria impulsada pola facultade e coordinado por Varela, este proxecto céntrase no deseño dun “dicionario visual” de hábitos saudables para educación infantil e primaria, que leva ao desenvolvemento “dunha iconografía propia”, que achegue estas mensaxes as linguaxes dos máis novos e máis novas.
Se ha registrado una nueva propuesta para evitar que el faro de la illa de Ons caiga en descuido. Esta es la petición que hacen
Alfonso Rueda señala a Óscar Puente tras sufrir en primera persona las incidencias de los trenes de Galicia. El presidente de la Xunta ha quedado atrapado en Ourense
Redondela continúa trabajando para reducir el número de gatos callejeros. Este es el programa "pionero" que acaban de presentar
La Guardia Civil ya investiga la muerte del niño que ha aparecido en Ares. El joven salió a pasear en bici y desapareció misteriosamente
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL