Tomiño gozará dun Nadal cheo de diversión pensada en especial para o disfrute de nenos e nenas pero tamén con ofertas de lecer para toda a familia. Coas festas á volta da esquina, o pistoletazo de saída da programación chegará da man da Agrupación Musical de Goián, que ofrecerá un Concerto de Nadal o vindeiro domingo 17 de decembro ás 18.00 horas no Auditorio de Goián. Como ven sendo habitual, na entrada haberá que entregar un quilo de alimentos que serán doados a SOS Tomiño.
Xa cos pequenos e pequenas da vila de vacacións escolares, o programa continuará a semana do 26 ao 30 de decembro cunha serie de contacontos para os nenos e nenas e obradoiros para todas as idades no Mercado de Tomiño. Así, para nenos de 4 a 10 anos, na praza de abastos da Praza do Seixo haberá a partir das 17.00 horas contacontos e obradoiros que se centrarán no ‘Reno Renato e outros contiños’ o día 26, en ‘O homiño de mazapán e outras historias para merendar’ o día 27 e no ‘Tren de Martiño e outros contos no camiño’ o día 28.
O día 29 de decembro o Mercado de Tomiño acollerá durante toda a xornada talleres para todas as idades. Así, pola mañá, ás 11.00 horas haberá un obradoiro sobre xoguetes e consumo responsable para rapaces e rapazas de 8 a 12 anos e ás 12.00 horas os nenos e nenas de 3 a 7 anos traballarán a igualdade a través da publicidade. Xa na quenda de tarde, os mozos e mozas de 13 a 17 anos profundarán sobre o consumo na rede (18.00 horas) e os maiores aprenderán sobre alimentación e interpretación de etiquetado a partir das 19.00 horas.
O Apalpador chegará ao Mercado de Tomiño o vindeiro 30 de decembro ás 12.00 horas. E, pola tarde (17.00 horas), o Mago de Oz encherá de maxia o auditorio de Goián co seu musical infantil. A este espectáculo os nenos e nenas poderán asistir de balde, mentres que os adultos terán que pagar unha entrada de 3 euros.
A Praza do Seixo encherase de maxia e cor os días 2, 3 e 4 de xaneiro coa colocación de inchables para o disfrute dos máis pequenos e pequenas da casa e cos obradoiros que se celebrarán de 16.00 a 20.00 horas.
A Cabalgata de Reis será o venres 5 con saída desde o Campo de Alivio ás 16:30 horas e o seu tradicional percorrido ata a Praza do Seixo, onde os nenos e nenas de Tomiño serán recibidos polas súas Maxestades os Reis Magos e onde haberá sorteo de varios agasallos.
Para participar nos contacontos e nos obradoiros de Nadal os interesados terán que inscribirse a través desta web ou no departamento de Cultura do Concello de Tomiño.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL