O Festival de Cans, que celebrará a súa XVIII edición entre os días 1 e 4 de setembro, impulsará nesta edición a realización dun documental colectivo que recollerá a memoria das mulleres estraperlistas da aldea. Este documental estará coordinado polo realizador Juanma Lodo, e funcionará como un curso de formación no que se poderán inscribir como alumnas e alumnos un máximo de 10 persoas.
O filme parte dunha idea aportada pola veciña de Cans María Jesús Sánchez, e realizarase a partir dun traballo de documentación sobre estas mulleres que atoparon no coñecido como estraperlo, ou contrabando de produtos daquela ilegais, un sustento para as súas familias nos duros anos da posguerra. O proxecto pretende visibilizar a todas estas mulleres da posguerra que percorrían durante moitas noites ducias de quilómetros atravesando camiños e corredoiras, desde os montes limítrofes con Portugal ata chegar os arredores do Monte Castelo e descender desde alí a aldea de Cans.
En bolsas, mochilas ou faltriqueiras estas mulleres levaban produtos daquela prohibidos como café ou tabaco, cos que cargaban a través dos montes, en zonas nas que se mesturaban desde carabineiros ata salteadores de camiños que roubaban a estas estraperlistas. Moitas destas mulleres foron moi populares na zona, e arredor delas circulan moitas historias que van de amoríos ocultos no monte ata redes de soborno de carabineiros.
Este documental busca iniciar no guión, na edición e na montaxe a todas as persoas interesadas en adquirir nocións da construcción dunha obra audiovisual. O Festival de Cans promove este traballo dentro das súas liñas de recuperación da memoria da aldea, de situar ás mulleres no centro do relato e de tecer unha relación interxeneracional fomentando a participación da xente nova na elaboración do documental. O traballo final estrearase durante o Festival de Cans, seguindo a liña doutros documentais que se fixeron nos últimos anos, que rescataron a memoria da aldea, como “A Canteira de Cans”, “Historia dos Catro Ventos” ou “Dona Sara”, sobre esta mestra que marcou a varias xeneracións de nenas e nenos da aldea. A presentación destes filmes é sempre un dos momentos máis emocionantes do festival.
O curso celebrarase todos os sábados, a partir deste 12 de xuño e ata finais de agosto, entre 10,00 e 13,00 horas, e a inscrición continuará aberta ata o vindeiro xoves 17. Comezará de xeito online para pasar a ser presencial a partir do mes de xullo, a inscrición custará 20 euros e só hai 10 prazas dispoñibles. As persoas que desexen poderán facelo no mail festivaldecans@festivaldecans.com ou contactando por privado nas redes sociais do Festival de Cans, así como todas aquelas que poidan aportar fotografías ou aportar testemuñas sobre a historia destas mulleres.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL