Colonias Canguesas fai fronte a un gasto mensual de 1.000€ soamente en produtos veterinarios. A isto, débese sumar as decenas de quilos de alimento necesarias para manter en boas condicións aos máis de 100 animais que atenden en todo O Morrazo. Por isto, a organización organiza a vindeira fin de semana, en colaboración co Concello de Moaña, o seu primeiro Mercado de Nadal Solidario para recadar fondos.
De feito, os gastos amoréanse. Entre os casos máis lamentables aos que están a facer fronte actualmente atópase un gatiño con soamente catro meses de vida que foi abandonado nunha leira de O Con. O animal ten actualmente a boca completamente podrecida e unha infección respiratoria que está a sumar importantes gastos veterinarios. O abandono da súa camada foi o causante desta situación.
Así, o sábado, 16 de decembro, e o domingo, día 17, o alto da Praza de Moaña contará cunha decena de postos solidarios entre as 10:00 e as 20:00 horas. Ademais dunha barra solidaria con bebidas quentes, cervexas e refrescos, instalaranse postos de produtos de segunda man de artesanía, libros ou decoración. Os voluntarios e voluntarias tamén recollerán sacos de penso.
O Mercado de Nadal Solidario de Moaña programará diversas actividades especialmente pensadas para os mais cativos. O sábado, ás 17.30 horas celebrarase un pintacaras e ás 18:00 horas diversos obradoiros de traballo coas mans. O domingo terá lugar unha pequena charla que explicará aos cativos e cativas "que fai unha protectora?" e ás 18:15 horas arrancará un espectáculo de maxia a cargo do Mago Berto.
No parque infantil na contorna do mercado, Colonias Canguesas instalará unha árbore de Nadal con carteis que expliquen a situación dos animais da rúa e do que colgarán fotografías dos diferentes cans e gatos que atenden. "Queremos lembrar que os animais non son xoguetes e que no caso de que se queira ter un, é mellor opción adoptar antes que mercar", explica a presidenta da asociación, Antía Acuña. Pola súa parte, a secretaria, Ariadna Romero, reflexionou ante a importancia de meditar moi ben a decisión de facerse cun animal. "Na primavera a xente cánsase e notamos un pico moi alto de abandonos de cans e gatos que foran un regalo de Nadal", denunciou.
A concelleira de Promoción Económica, Coral Ríos, expresou o seu desexo de que este mercado se consolide como unha nova "tradición" do municipio, á vez que resaltou o carácter solidario da veciñanza de Moaña. "Somos dos poucos concellos que contamos cun monumento que recoñece os dereitos dos animais, o que expresa a nosa solidariedade", explicou á vez que salientou o compromiso do Concello neste eido. "Cando chegamos ao Goberno unha das nosas prioridades foi pagar as débedas adquiridas coa protectora, que acumulaba anos sen recibir a subvención á que teñen dereito por lei", lamentou.
A labor principal de Colonias Canguesas é a de concienciar á poboación da necesidade de esterilización. Namentres non é unha práctica totalmente estendida, os 14 voluntarios que actualmente forman a asociación non son abondo para ocuparse de todos os animais. "Hoxe somos oito os que facemos un traballo habitual, polo que sería moi positivo sumar novas incorporacións", explicou Ariadna Romero.
Para poder participar soamente é necesario contar con 5 horas mensuais libres e ter a vontade de axudar a estes animais tan desprotexidos. Os abandonos masivos seguen a producirse sen remedio. Soamente en setembro, as voluntarias atoparon cinco camadas nos contedores de lixo do Morrazo.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL