Moaña consolídase como a vila da cultura urbana este verán. A experiencia de apostar polo Varadero Fest o ano pasado foi un éxito. O evento continúa neste 2021 cunha edición que apuntalará ao concello morracense como a capital da música urbana en Galicia nesta cita que terá lugar o sábado 10 de xullo nun emprazamento tan singular e único como é o Parque de San Bartolomeu. O evento, que será de balde, comezará ás 20:00 horas.
A segunda entrega do Varadero Fest xa ten programación. O Concello de Moaña anunciou este venres 4 de xuño que as encargadas e encargados de poñer a banda sonora en directo do festival serán Deva & The Divas, Confraría Chalana e Brava.
Varadero da un paso máis. Tras ofrecer na súa edición inaugural as mellores propostas da música urbana de Galicia, este ano retorna a Moaña cun “menú musical” encabezado por Deva & The Divas, unha das artistas máis relevantes do xénero urbano nacional, Confraría Chalana, cos dous djs que capitanean a festa Chalana Club, o evento de Galicia que é un referente estatal dende hai máis de catro anos, e Brava, dj residente da emblemática sala Dabadaba (Donosti) e unha das artistas con máis proxección internacional.
O festival preséntase como un dos atractivos para visitar Moaña este verán. Ademais de gozar das últimas tendencias musicais, o Varadero Fest apela ao seu emprazamento no Parque de San Bartolomeu, un gran espazo ao aire libre cun entorno extraordinario en consonte cos espazos naturais das Rías Baixas. Un área de máis de cinco hectáreas, que mergulla nas augas da Ensenada de Meira, convertendo este lugar nun espazo máxico, onde converxen arboreda, praia e música. O lugar ten historia. Esta ensenada empregábase como zona de varada dos barcos pesqueiros ata ben avanzado o século XX. É por iso que eta proposta está bautizada co nome de Varadero, honrando o espírito mariñeiro dun pobo que foi clave no desenvolvemento do sector marítimo na ría de Vigo entre os anos 70 e 90.
Varadero é unha experiencia onde se poden atopar distintas propostas arredor da cultura urbana e o universo hiphop, envolvendo todas as súas vertentes e xéneros derivados encaixándoos dentro de diferentes eventos e actividades relacionadas coa música e o audiovisual. O proxecto de Varadero, nace en Moaña no 2019 coa idea de crear un punto de encontro para a comunidade urbana, xerando un espazo onde facer eco das distintas propostas da escena galega.
Será a fiestra que abrirá ao mundo os espazos naturais máis emblemáticos de Moaña a través da realización de distintos eventos. A descontextualización dos mesmos, realizando diferentes eventos ao longo do ano, convirte a Varadero nun proxecto vangardista e transgresor, creando un vínculo trasversal e emocional coa identidade do pobo de Moaña, mesturando cultura popular, tradición, natureza e sostenibilidade.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL