Que teñen en común a escritora Ledicia Costas, o actor David Amor, os enxeñeiros Diego Nodar e Bibiana Rodiño e a bióloga Alba Aguión? Dunha banda, o seu paso pola UVigo, ben como estudante, ben como docente ou investigador ou investigadora, e pola outra, a súa participación en Eu son UVigo!, a exposición que desde hoxe percorrerá centros de ensino secundario, así como centros culturais e sociais, das catro provincias galegas co obxectivo de dar a coñecer a potenciais estudantes da UVigo os perfís de persoas que acadaron o recoñecemento profesional e que ben, son egresadas, o ben, actualmente desenvolven a súa actividade na institución académica viguesa.
Os 17 cubos que conforman a mostra, que hoxe se inaugurou nun acto celebrado no IES San Tomé de Freixeiro de Vigo, e que tamén se poden visitar no IES Ramón Otero Pedrayo de Ourense, percorrerán simultaneamente as catro provincias galegas de xeito itinerante e a demanda, para difundir a imaxe a UVigo como centro de prestixio que prepara para a vida real en todos os ámbitos do coñecemento, tamén o artístico e humanístico, ademais dos tradicionais científico e tecnolóxico, cos que se lle identifica habitualmente, ademais de fomentar entre o alumnado non universitario a creatividade literaria e lingüística, a curiosidade científica e a procura da innovación a partir do fitos acadados por egresados da UVigo. Na inauguración da mostra, o reitor, Manuel Reigosa, destacou o papel fundamental do ensino medio e a importancia de que “as rapazas e o rapaces atopen o seu camiño”, para o que deben ter unha visión ampla do que lle ofrece a universidade da contorna. “O sistema universitario galego é moi bo, a nosa universidade está recoñecida en moitos ránkings como unha das mellores do mundo e polo tanto, creo que temos a posibilidade de aproveitar ese esforzo e talento das rapazas e rapaces galegos que nos poden levar a un futuro mellor”, dixo o reitor.
A vicerreitora Natalia Caparrini foi encargada de destacar os obxectivos da mostra que persegue, dixo, “amosar o talento que sae da Universidade de Vigo, así como o que a universidade pode chegar a facer”, a través de 17 que reflicten nas súas caras a traxectoria profesional e persoal doutras tantas persoas egresadas ou que desenvolven a súa actividade na institución académica, a través dunha fotografía, unha pequena biografía e unha frase propia co obxectivo de motivar ás persoas que acudan a visitar a mostra. Caparrini tamén incidiu en que a exposición, na que as e os protagonistas están divididos por ámbitos de coñecemento, identificables cada un cunha cor, amosa a mulleres “referentes próximas e actuais, que son emprendedoras, investigadoras, científicas, creadoras e innovadoras”. Pola súa banda, o presidente do Consello Social da UVigo destacou na inauguración o labor que as universidades deben facer ao recibir ao alumando e tamén cando este remata os seus estudos “como acompañantes activos e factores de acomodación á súa nova situación”, dixo Pedrosa. Mentres, María Rocío Sio directora do IES San Tomé de Freixeiro sinalou que os cubos representan a culminación dunha traxectoria, ao tempo que asegurou que “é un bo momento para facer un punto inflexión na cultura do esforzo a para poñer en valor á Universidade de Vigo que é unha grande universidade e susténtase co esforzo de moitos profesionais”.
En representación das e dos protagonistas da mostra, a enxeñeira Bibiana Rodiño, fundadora e CEO e de BETA Implants ,empresa de enxeñaría que desenvolve e fabrica implantes e próteses para animais, lembrou a súa traxectoria académica na Universidade de Vigo, asegurando que “eu son moi UVigo”. Rodiño asegurou que lle encantaría ter xente próxima e actual na que inspirarse cando estudaba bacharelato e asegurou sentirse encantada de “poder ver a súa cara nun instituto”. Pola súa banda o ilustrador infantil e egresado en Belas Artes pola UVigo, Federico Fernández destacou o “caldo de cultivo que se xera na universidade e que me motivou a dedicarme ao que me dedico”, sinalou o debuxante, que recibiu o Premio Nacional de Ilustración 2002 polo libro Onde perdeu Lúa a risa?
O docente e investigador e colaborador de Netflix na optimización da subtitulación Pablo Romero; o graduado en Tradución e Interpretación, que desenvolveu a súa traxectoria en empresas como GoPro, Netflix e Spotify, Martiño Prada; a licenciada en Tradución e Interpretación e Premio Nacional de Tradución 2014, Eva Almazán; a egresada en Belas Artes e deseñadora de reloxos para Swatch en Suiza, Sheila Pazos; e a tamén titulada en Belas Artes, Abi Castillo, ceramista e colaboradora do grupo Inditex no proxecto Women in Art 2019, son os protagonistas, xunto a Federico Fernandez, do ámbito de Artes e Humanidades da mostra. Pola súa banda, a escritora, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil e licenciada en Dereito, Ledicia Costas; a doutora en Comunicación Audiovisual e investigadora no ámbito dos Games Studies, Beatriz Legerén; o egresado en Educación e Traballo Social e nominado a mellor docente de España en 2020, Millán Brea; o actor e licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, David Amor e o egresado en ADE e promotor da innovación e a sustentabilidade no departamento de vendas e mercadotecnia en Tesla, Jesús Cal, protagonizan a exposición no ámbito das Ciencias Sociais. O graduado en Enxeñaría de Telecomunicación, integrante da Agrupación Aeroespacial da UVigo que lanzou ao espazo os satélites Xatcobeo, Serpens, Humsat-D e Lume-I e fundador da empresa Alen Space, Diego Nodar; e a enxeñeira técnica superior na especialidade de organización industrial e responsable da Área Loxística do grupo Inditex, Lorena Alba Castro, son as caras, xunto a Bibiana Rodiño do ámbito da Enxeñaría. E xa no ámbito das Ciencias, a investigadora principal do grupo de Química Coloidal, Lorena Vázquez; o catedrático de Nutrición e Bromatoloxía e seleccionado como investigador altamente citado en 2018 e 2020, Jesús Simal e a biológa mariña e zoóloga e divulgadora, Alba Aguión protagonizan a mostra Eu son UVigo!
Logo da súa inauguración este venres en Vigo e Ourense, a mostra Eu son UVigo! poderá visitarse tamén, a partir da vindeira semana, no IES Eusebio da Guarda en A Coruña e no IES Lucus Augusti en Lugo.
Se ha registrado una nueva propuesta para evitar que el faro de la illa de Ons caiga en descuido. Esta es la petición que hacen
Alfonso Rueda señala a Óscar Puente tras sufrir en primera persona las incidencias de los trenes de Galicia. El presidente de la Xunta ha quedado atrapado en Ourense
Redondela continúa trabajando para reducir el número de gatos callejeros. Este es el programa "pionero" que acaban de presentar
La Guardia Civil ya investiga la muerte del niño que ha aparecido en Ares. El joven salió a pasear en bici y desapareció misteriosamente
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL