O Concello de Nigrán, coa colaboración da Comunidade de Montes de Parada, ofrece o domingo 30 de maio na contorna de Monte Castelo a súa primeira proba de orientación e aventura dirixida a todo tipo de público co obxectivo de por en valor a zona e dala a coñecer mediante unha actividade innovadora segura, saudable, participativa e de carácter familiar.
Baixo estas premisas, a empresa galega Territorio Comanche deseñou para o Concello expresamente esta actividade que se desenvolverá na área de Montecastelo (Parada). Os interesados en participar, en equipos de entre dous e cinco participantes e cunha idade mínima de 6 anos, poden inscribirse de balde do 18 ao 25 de maio ás 14:00 horas (ou ata acadar o máximo de 150 participantes) a través do mail turismo@nigran.org, sendo recomendable ler previamente as bases na web municipal.
A actividade terá lugar desde as 10:30 horas da mañá do domingo 30. Os participantes deberán percorrer a pé unha distancia variable, por terreo de bosque, intentando localizar unha serie de puntos de control ou balizas e superando diversas probas, tanto físicas como de coñecemento. O tempo máximo para realizar a proba é de dúas horas e media e os equipos deberán acadar o maior número de puntos posibles decidindo libremente a orde de busca e o ritmo a seguir (andando ou correndo), non sendo obrigatorio o paso por todos eles, polo que a condición física ou idade non é o relevante, o importante é o factor estratéxico, a toma de decisións e o traballo en equipo.
Como xa se mencionou, os equipos deberán estar formados por un mínimo de dous integrantes até un máximo de cinco, e se establecerán dúas categorías: XOVENES CASTORES (onde a lo menos, haxa unha persoa menor de 12 anos) e EXPLORERS (todos maiores de 12 anos e obrigatorio polo menos un maior de idade). Todos os participantes recibirán o material necesario para a realización da proba, contarán con seguro de responsabilidade civil e de accidentes e se lles entregará avituallamento. Os tres primeiros clasificados de cadansúa categoría recibirán diferentes premios, entre eles, un bautismo de surf, unha invitación a un brunch ou unha inscrición gratuíta para algunha das actividades de Territorio Comanche.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL