Moaña é un concello de mar, de verán e de praia, pero tamén é un municipio cunha enorme riqueza natural. Unha das opcións máis escollidas en Moaña son precisamente as rutas de sendeirismo, que o municipio ofrece dende a beira do mar até o alto da montaña. Propoñémoste adentrarte nos bosques que aínda conservan os carballos, castiñeiros, bidueiros... e tamén os icónicos muíños cos que os nosos devanceiros aproveitaban os recursos naturais. A continuación podes consultar tres rutas naturais a través de sendeiros seguindo os cursos fluviais que permiten desconectar tecnolóxicamente e reconectar coa natureza.
A ruta do río Fraga atrae cada fin de semana excursionistas que buscan o contacto coa natureza máis virxen e fascinante. Os que se achegan poden desfrutar dun sendeiro a través dos máis de 12 quilómetros de tranquilidade e o son do río, no que se espallan pequenas pozas e fervenzas de auga limpa e pura. A ruta da Fraga ofrece varias opcións: pódese comezar dende abaixo na praia da Xunqueira, na zona alta de Meira, facerse como percorrido lineal, ampliar a ruta circular na parte superior dende o torreiro do Millo, facerse no verán ou no outono…
O sendeiro é dunha beleza extraordinaria, de natureza e muíños restaurados polo Concello de Moaña. Podes optar por facela enteira (nesta ligazón tes opcións de Wikiloc) ou ben optar polo tramo alto (cuxo inicio podes atopar aquí).
Outra opción é optar pola ruta dos ríos da Freixa e da Miñouba. Nesta caso, ademais, podes facer unha parada de descanso na mítica Poza da Moura, unha fervenza que remata nunha pequena piscina natural rodeada de máxicas lendas. Partindo dende o porto de Domaio o camiño vai ascendendo seguindo os ríos ata chegar á poza e retornar de novo ao porto. Nesta ligazón tes unha posible ruta para realizar esta senda.
Unha das mellores opcións para visitar Moaña con crianzas é A Poza da Moura, na parroquia de Domaio. Espazo natural no alto do río da Miñouba, conxuga tradición e simboloxía: os muíños de auga conviven coas lendas sobre mouros e o culto ás augas e coas magníficas vistas á ría que ofrece a contorna. Un lugar magnífico do que gozar da calma e natureza e por que non, dun refrescante baño nas augas da poza. Un lugar que fai as ledicias da cativada. O miradoiro de Fontenla, que está próximo, é outro lugar especial dende o que ter boas vistas.
Para sendeiristas que lles gusta deleitarse coas mellores vistas, a subida á cruz da Paralaia é unha das mellores opcións no concello de Moaña. Pese a que non é a máis longa das rutas, é bastante intensa en canto ao ascenso; pódese comezar dende a área recreativa do Leñador (outro espazo de lecer agradable) e dende alí tomar polo camiño que aínda hoxe en día se emprega o 25 de xullo para ir en romaría a Santiago de Ermelo (en Bueu). Dende a cruz, as vistas son privilexiadas con Moaña aos nosos pés, podendo observar boa parte da ría de Vigo. Este camiño coincide cunha das rutas BTT.
Galicia, que se prepara para disfrutar de una experiencia del mundo de Harry Potter, cuenta con dos tiendas especializadas en el mundo mágico
Una escapada al norte de Portugal realmente cerca de Vigo. Si buscas una excursión diferente, apúntate este curioso alojamiento
Galicia se impone a Gales, Eslovenia o Japón en este premio internacional. Este es el "road trip" que conquista el mundo entero
Si estás buscando escapadas en Galicia, apúntate este pazo que ha sido declarado BIC y ha logrado este año el Travellers' Choice de TripAdvisor
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL