O estrés, a fatiga, as molestias na vista e os trastornos óseos e musculares son só algúns dos efectos físicos das longas xornadas de traballo e estudo, que tamén diminúen o rendemento académico e laboral. Sabedores dos beneficios dos descansos, desde a Área de Benestar, Saúde e Deporte acaban de lanzar o programa Pausas activas, que arrancou hoxe no campus de Vigo e que consiste na realización de descansos breves, sobre 15 minutos, para estirar os músculos e corrixir as malas posturas.
Neste contexto, as escolas de Enxeñaría de Telecomunicación e Enxeñaría de Minas e Enerxía; as facultades de Bioloxía, Ciencias do Mar e Química e a Biblioteca Central acolleron esta mañá a primeira destas xornadas deportivas. Entre as 11:00 e as 13:00 horas, un monitor achegouse a estes centros para dirixir as sesións de exercicios e técnicas variadas. O programa continuará os mércores 19 e 26 de maio e está aberto a todas as persoas interesadas, sen necesidade de inscrición previa.
Coa declaración do estado de alarma en marzo de 2020 e a chegada do traballo a distancia, a Área de Benestar, Saúde e Deporte decidiu lanzar unha serie de actividades destinadas a mellorar a saúde da comunidade universitaria durante o confinamento. Unha destas iniciativas foi a retransmisión en directo, a través das redes sociais, de distintos exercicios que as persoas interesadas podían realizar na súa casa.
Xabier Rial, director técnico da área, sostén que sempre tiveron en conta a posibilidade de realizar esta clase de actividades en formato presencial, sobre todo desde a aparición da COVID19 e o auxe do teletraballo. Agora, coa mellora da situación sociosanitaria, consideraron que era o momento de probar e valorar a resposta e o interese da comunidade universitaria, “primeiro só no campus vigués, de xeito experimental”.
Para a elección dos puntos de encontro onde se desenvolven os exercicios, a organización colaborou cos responsables covid de cada edificio do campus para promocionar e idear as actividades respectando todas as medidas establecidas: distancia de seguridade interpersoal, preferencia por espazos abertos e uso de máscara durante toda a sesión.
Na xornada inaugural, os centros tiveron unha participación media de dez persoas, entre as que se observaron opinións moi positivas. No acceso á Biblioteca Central, o técnico encargado dirixiu a un grupo de oito traballadoras, que ao final da sesión compartiron a boa valoración do exercicio realizado. Así mesmo, as usuarias destacaron a necesidade de implementar este tipo de iniciativas para mellorar o seu rendemento profesional e, sobre todo, a súa condición física.
Despois de traballar en exercicios enfocados no estiramento das costas e na mobilidade de pescozo, ombreiros, brazos, cóbados e cadeira, todas as usuarias recoñeceron que tiñan os músculos máis relaxados e que regresaban con máis ánimo e folgos ao lugar de traballo. Neste senso, esperan continuar co programa este mes de maio e amósanse interesadas en participar noutras posibles actividades no futuro.
Se ha registrado una nueva propuesta para evitar que el faro de la illa de Ons caiga en descuido. Esta es la petición que hacen
Alfonso Rueda señala a Óscar Puente tras sufrir en primera persona las incidencias de los trenes de Galicia. El presidente de la Xunta ha quedado atrapado en Ourense
Redondela continúa trabajando para reducir el número de gatos callejeros. Este es el programa "pionero" que acaban de presentar
La Guardia Civil ya investiga la muerte del niño que ha aparecido en Ares. El joven salió a pasear en bici y desapareció misteriosamente
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL