O Concello de Tui celebrará o Día das Letras Galegas cunha nova edición de Tui Le e da Feira do Libro Galego, adaptadas as actuais circunstancias sanitarias. A autora homenaxeada este 2021, Xela Arias, será a protagonista do programa cunha conferencia de Marga do Val, e coa lectura dos seus poemas. Tamén haberá espectáculos infantís con Pablo Sánchez e Paporrubio e un concerto de MJ Pérez.
A programación comeza o venres cunha edición en liña de “Tui Le” na que colaboran as bibliotecas escolares tudenses e as Bibliotecas Municipais de Tui e de Valença. Este ano o programa que se poderá seguir a través de tui.gal e das redes sociais municipais recolle por unha banda a lectura dos poemas do libro de “Vento, ventiño, venteiro” de Antonio García Teijeiro polo alumnado de Infantil e Primaria dos CEIP’s nº1, nº2, Guillarei, Randufe, Rebordáns, Pazos de Reis e Caldelas, do CRA Mestra Clara Torres, do Colexio Santa María Maristas. O propio escritor, Antonio García Teijeiro, saúda aos e ás escolares dándolles as grazas polo lectura dos ser versos e os agasalla cuns versos da súa autoría de “Poemar o mar” Amais o alumnado do Seminario Menor San Paio e do IES San Paio. Recitan poemas de “Darío a diario” de Xela Arias.
O sábado, 15 de maio, ás 12.30 h na Biblioteca Municipal terá lugar a conferencia “Xela Arias no século XXI” a cargo da escritora Marga do Val, que foi compañeira de xeración e amiga de Xela Arias. Na súa charla abordará a traxectoria e obra poética da autora a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas deste ano.
O luns, 17 de maio, Día das Letras Galegas, celebrarase a XXII Feira do Libro Galego que este ano debido á pandemia cambiará o seu formato habitual na rúa para realizarse nas propias librarías participantes, Espazo Lector Nobel e Iris, que abrirán en horario e de mañá e tarde ofrecendo un 10% de descontos nos libros en galego.
Ao longo da xornada o Paseo da Corredoira, nun espazo habilitado con todas as medidas de seguridade e protocolo anticovid, acollerá distintos espectáculo cun aforo limitado a 80 persoas e para os que será preciso inscrición no lugar antes do comezo do espectáculo.
Ás 12.30 h o narrador Pablo Sánchez presentará “Os contos de Pablísimo” para público familiar. Ás 18.30 h Paporrubio presenta “Varietés do Animalario” un espectáculo de monicreques con música en directo. Por último ás 20.45 h a cantautora galega MJ Pérez, ofrecerá un concerto con pezas do seu repertorio no que se inclúen adaptacións de obras poéticas en galego. Amais coma cada ano a Radio Municipal de Tui realizará un programa especial con motivo do Día das Letras Galegas.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL