O Mercado municipal do Rosal estreou onte por todo o alto a súa renovada imaxe, “o primeiro paso na aposta do Concello polo comercio de proximidade, polo produto local e polo consumo do noso, do propio e da calidade que tanto nos identifica”. Así o sinalaba a rexedora rosaleira, Ánxela Fernández, no acto inaugural, no que contou coa presenza da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; da directora xeral de Agader, Inés Santé; e do deputado provincial Santos Héctor, así como de representantes municipais de todos os concellos do Baixo Miño, como as alcaldesas de Tomiño, Sandra González, e Oia, Cristina Correa, e as concelleiras de Tui e A Guarda, Ana María Núñez e Fátima Rodríguez. Foron moitos os veciños e veciñas que se achegaron ás portas do renovado mercado para desfrutar do acto inaugural, que contou co acompañamento musical dun grupo de gaitas e dun cuarteto da Escola de Música do Rosal.
Este reforma é o primeiro paso dunha transformación impulsada polo Concello que ten como obxectivo converter este inmoble nun espazo vivo co que propiciar o comercio de proximidade e o consumo dos produtos da zona e, con eles, a dinamización do núcleo do Rosal económica e socialmente. A obra contou cun orzamento de máis de 207.000 euros financiado ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, de Agader e de fondos municipais.
Coa remodelación reformouse o interior do mercado para crear cinco postos. Na illa central están os das froitarías e unha ecotenda, como parte “da horta que é parte da nosa identidade e que vai dar cor a entrada cun símbolo identificador que comezamos a crear”. Mentre, no lateral estarán os postos de peixaría e carnicería, así como un posto de comercio xusto “que tanto nos di da sustentabilidade e da importancia da orixe no consumo responsable que queremos ter nesta sociedade”. “En resumo, é unha clara aposta para que desde a veciñanza tomemos as rendas, nos involucremos e conxuntamente, dinamicemos o noso pobo e o noso mercado, rodeado dunha praza practicamente inmellorable”, salientou a rexedora.
Un traballo que continuará coa segunda fase do proxecto, xa aprobada, e que suporá unha ampliación na parcela contigua ao mercado, “que lle vai dar un camiño máis extenso no ámbito da excelencia”, coa especial atención ao ámbito culinario e da gastronomía. “Imos poder desfrutar do produto fresco e dun espazo expositivo e de convivencia”, indicou a alcaldesa, ademais de poder recuperar para a veciñanza a terraza do edificio, que estaba en desuso pola súa escasa accesibilidade. “Vai ter un acceso directo que nos vai permitir tomar un viño, saír á terraza e poder ver este valor patrimonial que tenos e o espazo da natureza que nos rodea”, explicou.
Ánxela Fernández quixo agradecer tamén a colaboración do persoal da praza, que tivo que trasladarse á escola Simón do Mazo durante as obras realizadas, así como a colaboración das administracións implicadas. “A pandemia supuxo un cambio de escenario, unha nova forma de ver a vida e unha nova realidade. E nesa nova realidade sacamos unha aprendizaxe, a de que ao final, o que temos máis preto, o noso, e o que debemos potenciar e trasladar aos nosos hábitos do consumo no consumo local”, asegurou.
Pola súa banda a presidenta da Deputación, Carmela Silva, quixo destacar na súa intervención o traballo conxunto que están a facer os concellos pola transformación do baixo Miño, “algo que ocorre en poucos lugares, cunha aposta firme de todos os concellos para construír un espazo de desenvolvemento sostible onde as persoas son o centro de todo”. Silva salientou a singularidade dos mercados da comarca e, concretamente do do Rosal, construído en 1954, “que son o centro da actividade económica e que apostan polo produto de calidade que tamén se cultiva aquí, no Baixo Miño, un dos lugares de Galicia onde hai máis poderío do sector primario e amais moi internacionalizado”. “Apostar porque os mercados se manteñan é facelo por dar vida aos pobos, por ese produto de calidade e noso, por xerar actividade económica e manter a vida dos lugares”, insistiu.
A directora de Agader, Inés Santé, puxo ao renovado mercado como exemplo dos obxectivos que busca a axencia para o desenvolvemento do rural: “a recuperación, a posta en valor e modernización dun elemento tan característico no noso rural; a colaboración entre administracións para mellorar a calidade de vida da veciñanza e a aposta pola protección do medio ambiente, xa que con esta iniciativa axudamos a favorecer actividades de proximidade e promovemos que haxa vida no rural”.
No acto inaugural tamén interveu un dos praceiros do mercado, Simón Ubeira, que rexerá unha ecotenda, quen agradeceu ao Concello do Rosal todo esforzo feito “para renovar e darlle vida a esta praza, edificios que tanto simbolismo ten nas vilas galegas e que poñen de relevo o que e comercio local, proximidade, e todo o que representa a economía social que sostén unha vila”. E fixo un chamamento “a apostar polo comercio local, polos produtos proximidade e por consumir en comercios da veciñanza, que estean en mans da veciñanza e que manteñan á veciñanza”. Ademais da Ecotenda da Moura, o mercado contará con Peixes Lecio, Carnicería Lucas, Tenda Gusto Xusto e Froitas Pérez.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL