Vigo abriu o camiño o pasado sábado co acendido do alumeado de Nadal máis espectacular da súa historia, con 400 rúas iluminadas e un acto de acendido multitudinario. Porén, o resto de municipios da área metropolitana tamén preparan diferentes actividades para dar a benvida ao Nadal.
No caso de Moaña, o acendido terá lugar este mesmo venres, 1 de decembro, nunha tarde festiva que arrancará ás 17:00 horas co espectáculo de animación á lectura dos Rechouchíos no salón de actos do Concello.
Ás 18:30 horas, na praza do concello, a Escola Municipal de Música será a encargada de poñer a música como previa ao acendido oficial con diferentes panxoliñas e cancións de nadal. Será ás 19:00 horas cando un alumno da escola, elixido por sorteo, premerá no botón que acenda os diferentes motivos luminosos.
Este ano, “grazas a boa xestión económica do concello”, en palabras do concelleiro Salvador Meira, o concello amplía os días, o horario e as rúas que contan con estes adornos. O orzamento sitúase en torno aos 15.000€. Así, están decoradas as prazas do Concello, Ramón Cabanillas e Concepción Arenal, As Barxas e O Rosal. Ademais, outra das zonas máis chamativas será a zona da Praza de Abastos onde se instalou unha gran árbore de leds. Tamén se distribuíron diferentes arcos en cada unha das parroquias.
A mesma data, venres, 1 de decembro, foi a escollida por Baiona. Dende as 17:00 e até as 19:00 horas a rapazada terá unha cita con “Divernadal” na Alameda Carabela Pinta. Alí instalaranse obradoiros infantís relacionados coa temática e diferentes inchables.
O acendido producirase ás 19:30 horas coa ambientación musical de Aceba e a apertura do BaiNadal co grupo “Giro´s” de Baíña, Escola de Danza “Dando la Nota” de Baredo e “Galicia en Danza” de Baiona.
Pode interesarche: Os trasgos toman Valença con “Duendelandia”
Este venres, tamén terá lugar o acendido de Nadal en Redondela, onde ademais chegará con neve. Os actos dividiranse entre Chapela e o centro urbano de Redondela. Na primeira, comezarán ás 19:00 horas coa actuación da Ensemble da Escola de Música, namentres que na praza do Concello actuará o coro e a Big Band do Conservatorio. En ambos puntos haberá un canón de neve artificial e agasallos para os cativos.
Como de costume, contarán con motivos luminosos as rúas comerciais do centro de Redondela e Chapela, así como os centros culturais das parroquias.
O Nadal tamén chegará o un de decembro a Oia, aínda que debido ao seu pequeno tamaño e orzamento, o alumeado restrinxirase á casa do Concello e ás dúas prazas que hai na súa contorna: Xulia Suárez e Celedonio Crespo Carabelos.
No caso da Guarda, a data elexida será o martes, 5 de decembro. O concello organiza para esa xornada un día especialmente pensado para os nenos con música, personaxes infantís e ambientación de Nadal a partir das 20:30 horas, momento no que se prenda a iluminación.
Contarán con diferentes motivos de Nadal as principais rúas comerciais do centro urbano, a Alameda e a Praza do Reló. Ademais, o concello organiza unha campaña, “Decora o teu Nadal”, na que catorce asociacións da localidade participan na decoración das prazas reciclando material de refugallo. Un Nadal que na Guarda estará cheo de espectáculos infantís, teatro ou cinema para que os país e nais poidan conciliar vida laboral e familiar e tamén permita que se acheguen até o comercio local.
Aínda no Baixo Miño, O Rosal prenderá as luces de Nadal o mércores, 6 de decembro a partir das 19:00 horas, pero sen acto oficial ou festivo. Cun orzamento de en torno a 3.500€, o Concello instalou os motivos luminosos na Praza do Calvario e as rúas comerciais da contorna.
En Tomiño, darase luz ao Nadal entre o 5 e o 7 de decembro con decoración na Praza do Seixo, na Praza Antonio Fernández e nas principais rúas do centro urbano e do centro de Goián. Unha iluminación que este ano sitúase en torno aos 12.000€.
Pode intersarche: Así foi o acendido do alumeado de Vigo
O 5 de decembro será tamén a data elixida por Salceda de Caselas. Como cada ano, os custes, de aproximadamente 12.000€, son compartidos polos comerciantes e polo orzamento municipal. O acendido terá lugar ás 20:30 horas e estará presente en practicamente todas as rúas comerciais do casco urbano, así como nas fachadas dos edificios municipais.
Así mesmo, o concello salcedense, co obxectivo de achegar o alumeado a todas as zonas do municipio, repartiu un arco luminoso a cada parroquia do rural.
En Cangas, a data escollida é tamén o día 5 de decembro. Este ano o goberno municipal levou o alumeado de Nadal, que se acenderá ás 19:00 horas, as rúas Castelao, Montero Ríos, Eduardo Vicenti, Avenida de Ourense e Bueu, Marín, Noria e Real. Tamén se instalaron motivos luminosos nas rotondas das avenidas de Ourense, Bueu, Coruña. Por último instaláronse arcos nas catro parroquias do rural.
No Condado, en Ponteareas, instalouse este ano o maior número de motivos luminosos dos últimos anos e tamén chegará o martes, 5 de decembro. Para dar a benvida ao Nadal, ás 17:00 horas haberá animación polas rúas e na Praza Maior instalarase un photocall.
O acto oficial de acendido terá lugar na Praza da Música, onde se instalou unha árbore de 18,5 metros de altura. Alí haberá tamén animación dende as 18:30 horas. Ademais das habituais rúas do centro urbano, este ano súmase por primeira vez a rúa Real, dos Carballos e Daniel Ojea. Ademais, duplícanse os motivos na Avenida de Castelao y súmanse máis farolas e adornos. Por último, as 5 vías de acceso á vila contarán cun arco desexando un bo nadal aos visitantes e veciños.
En Gondomar as rúas envolveranse no espírito de Nadal a partir do 8 de decembro, cando o Concello organizará o acendido oficial. Contan con estes adornos a Praza do Concello e de Paradelo, a Alameda de San Bieito, a Praza de Don Diego Sarmiento e a Praza de Abastos.
Por último, no caso de Mos, o acendido terá lugar o día 10 de decembro. A xornada comezará ás 17:00 horas cun espectáculo infantil na Praza do Concello para, ás 19:00 horas prender o alumeado de Nadal.
En Tui, a cita do acendido será o 6 de decembro, ás 19:00 horas na Praza da Inmaculada. En Nigrán a cita espérase para o 5 de decembro e en Bueu será o luns, 4 de decembro, ás 19.00 horas, na Praza do Concello.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL