O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asistiron este mércores á inauguración do novo cruceiro que preside a subida á Igrexa de San Paio de Lavadores e que foi elaborado expresamente para este emprazamento pola Escola de Cantería de Pontevedra. A peza está culminada cunha imaxe "moderna" dun Cristo, pero inclúe tamén no fuste unha representación do santo Paio. O cruceiro, cunha altura de cinco metros, é unha “elaboración coral” do alumnado e profesorado do centro de formación da Deputación e quedou instalado á altura do número 170 da rúa Cabalaria, a pouco máis de 50 metros do templo, un edificio relixioso que data dos anos 70.
No acto inaugural, Carmela Silva lembrou que tanto Galicia como a provincia de Pontevedra e Vigo son “terra de cruceiros e de canteiros e canteiras. Somos un pobo que traballa moi ben a pedra de forma secular, de feito o noso alumnado traballou por todo o mundo”. A presidenta provincial puxo en valor o papel da Escola de Cantería, un centro “do que sentimos orgullo”, e deixou claro que a Deputación quere que “continúe habendo obra deses canteiros e canteiras e que siga quedando en cada un dos recunchos da nosa provincia, moi particularmente en Vigo onde estamos a facer moitas obras a través da Escola”. Carmela Silva resaltou a "ledicia" que supón inaugurar un cruceiro e atoparse rodeada de veciñas e veciños e a “ilusión por facer cousas que satisfagan á veciñanza” á que agradeceu a súa presenza no acto.
Pola súa banda, Abel Caballero definiu aos cruceiros como “lugares de encontro, lugares para identificar os territorios, os espazos e as persoas”. O alcalde de Vigo asegurou que con esta inauguración “vanse a marcar os tempos a partir de agora” posto que se falará da igrexa pero tamén do cruceiro. Aproveitou a ocasión para felicitar tanto á Deputación como ás persoas autoras da obra por realizar unha “combinación fantástica” entre a arte modernista e o románico tradicional. Na súa intervención Abel Caballero tamén resaltou o tamaño do cruceiro, “unha escultura monumental pero chea de sentimentos e de sensacións”.
O cruceiro ten un peso que supera as catro toneladas e foi elaborado expresamente para este emprazamento, cunha base formada por dúas pezas en cuña para adaptarse ao terreo. Trátase do primeiro cruceiro na contorna desta igrexa nunha zona na que tamén hai varios petos de ánimas, obra do escultor Camilo Nogueira e datados a principios do século XX.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL
En realidade non se trata dun cruceiro. É unha cruz. E tampouco se trata dun "fuste", posto que o pao vertical das cruces leva o nome de stipes.