A Asociación Cultural Reencanto Produccións, organizadora do Primavera do Cine en Vigo e agora tamén do Galician Freaky Film Festival, presentou o cartel oficial do evento, unha ilustración de Paulo Mosca e un grafismo de María Llauguer.
Pode interesarche: Semana do mellor cine submarino en Vigo
Con este certame preténdese reivindicar o freakismo galego e dar visibilidade a toda a cultura galega cinematográfica xerada a partir dos anos 80 e 90. Por iso os días 21, 22 e 23 de decembro proxectaranse en Vigo máis de 20 pezas audiovisuais e se farán diferentes actos paralelos entre os que destacan a realización dunha performance na rúa do Príncipe e tres concertos que se sucederán ó longo do certame.
Os filmes poderanse ver nun espazo do urban market Progreso 41 aberto especialmente para a ocasión e que dará cabida a todos os asistentes que desexen ver, desfrutar e formar parte do auténtico freakismo galego.
A inauguración do certame será o xoves, día 21, cun concerto no que se musicalizarán en vivo varias obras do cinema mudo e que dará o pistoletazo de saída a todos os actos que se farán despois.
Ademais, o venres 22, haberá un concerto de Mad Martin Trio no local Transilvania e o fin de festa será o sábado 23 no Mogambo, no que actuarán Igmig.
En palabras do seu director, Juan de Castro, “Galicia ten moita riqueza da cultura freak que comezou na época da movida con Siniestro Total e Os Resentidos e continuou co bravú, o Xabarín Club e o feísmo galego. É verdade que hai outros festivais de serie B e cinema experimental pero centrados no galego e no horterismo galego este vai ser o primeiro”.
O cartel oficial do evento mistura unha ilustración de Paulo Mosca co grafismo de María Llauger.
Un cartel no que se pode apreciar a esencia e a filosofía deste evento e no que se ven distintas edificacións emblemáticas da cidade de Vigo coma o Concello ou a ponte de Rande completamente en ruinas polos actos dun vilán que leva consigo unha arma en forma de cámara cinematográfica.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL