O Museo do Mar de Galicia acollerá a partir do mes de setembro unha “gran mostra” sobre o legado e traxectoria do arquitecto Antonio Palacios, nado no Porriño en 1874. A Xunta busca por en valor a figura deste arquitecto cuxo traballo foi fundamental para o panorama cultural galego de principios do século XX. “A actual imaxe de Vigo, e mesmo de Galicia, non tería sido a mesma sen a labor e influencia de Palacios, un galego que aínda que traballou durante moito tempo en Madrid nunca perdeu de vista a súa terra”, subliña o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez.
“O seu labor no eido da arquitectura converteuno nunha figura imprescindible e nun urbanista de referencia que agora, ao cumprise máis de 75 anos do seu pasamento, cómpre recuperar para recoñecerlle o traballo feito”, afirmou o conselleiro, quen precisou que para homenaxealo a Xunta de Galicia.
A exposición estará centrada na súa figura e se inaugurará no Museo do Mar de Galicia a partir do mes de setembro. Trátase dunha mostra comisariada por Jesús Ángel Sánchez García que percorrerá a obra de Palacios incidindo na súa faceta como arquitecto moderno e implicado na mellora da vida diaria da xente con proxectos como vivendas de aluguer, estacións de metro, hospitais, oficinas, comercios, bancos, sociedades de recreo, hoteis, balnearios ou restaurantes.
Así mesmo, o proxecto expositivo tamén se centra na importancia de Palacios na paisaxe urbana de Galicia, especialmente na cidade de Vigo, onde seu legado está moi presente tanto no desenvolvemento urbanístico como nalgúns dos edificios máis emblemáticos e icónicos da cidade como son o Teatro García Barbón, a Fonte do Cristo ou o edificio Blanca Viñas-Aranda. “Unha mostra, en definitiva, que nos axudará a entender a influencia do traballo de Palacios na imaxe e paisaxe urbana de Vigo e de Galicia no nosos días”, precisou o conselleiro.
Para a realización desta exposición, o Museo do Mar de Galicia contará coa colaboración de entidades públicas e privadas como os concellos de Madrid, Vilagarcía de Arousa e O Porriño, particulares, e institucións como o Museo do Pobo Galego, o Círculo de Bellas Artes de Madrid, o Museo de Pontevedra ou o Metro de Madrid. Así mesmo, como complemento a exposición, deseñarase unha programación didáctica específica que poida ser utilizada nos centros educativos.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL