O Pleno do Concello de Salceda aprobou por unanimidade a moción presentada de xeito conxunto polos tres grupos da corporación (MS, PSOE e PP), para instar á Xunta de Galicia a que proceda canto antes á ampliación do IES Pedras Rubias, así como á instauración de ensino postobrigatorio no municipio.
Salceda de Caselas conta na actualidade con un único centro de educación secundaria, o IES Pedras Rubias, que acolle unicamente os estudos da ESO, e que conta nestes momentos con 342 estudantes. Salceda de Caselas é na actualidade un dos municipios con maior taxa de natalidade de Galicia, o que fai fundamental a necesidade de existencia de infraestruturas educativas para acoller á súa poboación escolar.
Xa dende o curso 2017/2018, a dirección do centro ven manifestando a necesidade real de que se amplíe o número de aulas, insuficientes polo continuo aumento de alumnado, e que neste curso se viu empeorado pola situación da covid 19, que obrigou a converter en aulas espazos como a biblioteca, o salón actos, a sala de mestres/as ou a aula de música.
Na mesma liña, a dirección ven solicitando que se establezan estudios de bacharelato no centro, para que deste xeito o alumnado de Salceda de Caselas teña a posibilidade de continuar a súa formación postobrigatoria sen saír do seu Concello, co que iso conleva para as súas familias tanto no que a conciliación se refire como ao esforzo económico que supón actualmente a formación en centros educativos doutros municipios.
A isto engádese o feito de que o IES Pedras Rubias non ten asignado neste momento ningún centro adscrito para a continuidade dos estudios do seu alumnado, o que na actualidade está orixinando situacións de incerteza que en moitos casos ata ben avanzado setembro non se ven solucionadas, deixando os mozos e mozas de Salceda nunha clara situación de discriminación con respecto ao alumnado dos Concellos limítrofes que si ven garantida a súa praza nos centros de referencia. Como exemplo próximo, o Concello de Salvaterra conta co mesmo número de alumnos e alumnas no cuarto curso da ESO e dispuña ata o de agora con dous bacharelatos a elixir. Nestes días a Xunta ven de conceder un terceiro bacharelato a Salvaterra, deixando unha vez máis fora ao Concello de Salceda de Caselas. Así pois seguen a ser escasas as escasas posibilidades do alumnado de Salceda, que ten que agardar a ver as prazas que quedan dispoñibles nese e nos demais centros próximos.
Tamén as ANPAS dos diferentes centros educativos de Salceda (E. I. A Galiña Azul, CRA Raíña Aragonta, CEP Altamira e IES Pedras Rubias), así como a Asociación SAPIX (Salceda pola Infancia e a Xuventude) teñen solicitado á Consellería de Educación a ampliación do centro e a implantación de estudos postobrigatorios, así como a inmediata adscrición do IES a outro centro con estudos postobrigatorios, sen que ata o de agora se obtivese unha resposta afirmativa a esta solicitude.
Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda, Verónica Tourón, portavoz do PSOE e Santiago Rodríguez, portavoz do PP, coincidiron en que “Por vez primeira a sociedade de Salceda únese para pedir a mellora da nosa educación. É un orgullo que as tres forzas políticas con representación no Concello, as catro ANPAS dos diferentes centros escolares, a dirección do IES Pedras Rubias e a Asociación SAPIX vaiamos da man na defensa dos intereses da nosa comunidade educativa. A nosa reclamación é de xustiza, e confiamos en que a Xunta de Galicia atenderá as nosas peticións”.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL