A próxima semana volve a programación ao Teatro Municipal de Tui con seis espectáculos que terán lugar entre o 4 e os 24 de marzo. O Concello de Tui retoma así a súa actividade cultural nunha aposta pola cultura segura cun estrito protocolo antiCovid, e un aforo limitado ao 25%. A presentación tivo lugar este venres a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, xunto a Elisa Alfaya e Ian Hamilton de 2 Mind Combined, e Laura Villaverde de Artesa Cía.
A oferta cultural regresa despois de catro meses de peche perimetral ao municipio. Unha vez superada esa situación, o concello retoma a programación de teatro para, según explicou o rexedor tudense, Enrique Cabaleiro, "plasmar a implicación que este concello ten coa cultura”. Cabaleiro tamén agradeceu o esforzo realizado dende o departamento de Cultura para en momentos complicados “sacar adiante a programación cultural e poder plasmala con todas as dificultades e con todas as limitacións que temos que superar”. Esta aposta pola cultura estaba xa prevista para o inicio do mes de febreiro pero tivo que adiarse debido ás medidas restritivas en vigor. Neste tempo barallaron distintas alternativas para poder manter así os espectáculos programados nos que a capacidade do teatro estará limitada ao 25% do aforo, é dicir 148 butacas. Por vez primeira a venda de entradas realizarse exclusivamente de xeito online.
A programación cultural contará coa estrea de "Illas Desertas", obra de Artesa Cía dirixida e protagonizada por Laura Villaverde e Roi Fernández. Os protagonistas desta historia convidan o público a través dos seus móbiles para subirse abordo da súa expedición a unha illa deserta. Esta viaxe fraccionada en etapas convértese nun acto poético nunha experiencia, nunha bela aventura contemporánea no que se mostra outro camiño, outra alternativa á competitividade e produtividade da sociedade actual atafegada polo éxito, as metas e a posesión de bens. Artesa Cía embarcará ao espectadoor nesta aventura, con interrogantes, incerteza, entusiasmo e paixón. Sen esquecer o poético, íntimo e contemporáneo que existe nos seus traballos e continúa na busqueda de novas linguaxes escénicas; esta vez, para penetrarse na utilidade do inútil. Será a encargada de pechar a programación en dobre función o 23 e 24 de marzo.
Antes, no apartado para público adulto chegará "O Premio", unha comedia interpretada por Victoria Teijeiro Álvarez, Raquel Espada e Xurxo Cortázar na que o público será quen decida o final entre os tres posibles. Nesta comedia cóntase a situación que viviremos nun futuro próximo, momento no que o progreso tecnolóxico e a loita cara ao éxito económico, sentimental e social fosen tal que se viron obrigadas a caer en "O Premio" como única fórmula de alcanzar a felicidade. Este reality teatral chegará o martes 5 de marzo.
Para a rapazada e o público familiar a primeira cita será o xoves, 4 de marzo, ás 18:30 horas, con Elisa Alfaya e Ian Hamilton de "2 Mind Combined" que achegarán un espectáculo de maxia e ilusionismo para todos os públicos. O xoves, 11 de marzo, ás 18:30 horas o público familiar a partir dos dous anos, é o destinario da obra de monicreques “O lobo e a lúa” que achega Baobab Teatro, mentres que o cinema infantil terá o seu espazo o xoves, 18 de marzo, ás 18.30 h con “A Galiña Turuleca”.
Por útimo, no apartado do cinema para adultos proxectarase "A illa das mentiras" o venres 12 de marzo. O filme de Paula Cons está protagonizada por Nerea Barros, Dario Grandinetti, Aitor Luna, Victoria Teijeiro, Ana Oca e Milo Taboada. Está inspirada en feitos reais, concretamente no afundimento do buque “Santa Isabel” fronte ás costas da illa de Sálvora (A Coruña) en 1921.
A entradas para cada espectáculo poranse á venda o luns da semana da función e poderán mercarse so en liña en tui.gal até o propio día do evento unha hora antes do comezo. O aforo estará limitado a 148 butacas, agás para “Illas desertas” que será de 50 persoas.
https://www.youtube.com/watch?v=K4gQoDIS5ww&feature=emb_title
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL