O Rosal conmemora este ano o Día de Rosalía de Castro cunha morea de actividades nos centros escolares e para o público en xeral adaptadas á situación sanitaria e ás medidas restritivas vixentes. Así, coincidindo coa data do nacemento da autora, este 24 de febreiro a fachada da Igrexa da parroquia de Santa Mariña, na Praza do Calvario, será o lenzo sobre o que se proxecten frases ou versos de Rosalía. A Deputación de Pontevedra escolleu ao Rosal xunto a outros cinco concellos de toda a provincia para proxectar a forza da escritora en edificios emblemáticos.
Ese mesmo día tamén se difundirá a través da web do Concello e das redes sociais municipais un vídeo cun poema de Rosalía recitado por 32 persoas do Rosal que nestes intres viven fóra de Galicia, dando vida a algúns dos nostálxicos e morriñentos versos escritos pola autora.
Pola súa banda, os centros escolares tamén están a traballar sobre a figura de Rosalía. Así mentres que na escola infantil e nas aulas de infantil do CRA María Zambrano os nenos e nenas máis pequenos pintaron debuxos con versos da escritora, o alumnado de primaria do CRA e o do CPI da Mata crearon unhas bonecas de papel coa figura de Rosalía que lucirán os vindeiros días nos escaparates dos establecementos comerciais. Todas estas figuras de papel formarán parte dunha mostra que poderá visitarse nas dependencias municipais e na sala de exposicións do Concello.
Para rematar, o vindeiro domingo 28 de febreiro o auditorio municipal acollerá un acto conmemorativo no que se proxectará o vídeo de versos recitados por xente na emigración e no que representantes de varios colectivos rosaleiros procederán a unha lectura de poemas desta autora. A celebración rematará coa actuación do cantautor guardés Tino Baz. O acto, que contará con todas as medidas de seguridade e prevención necesarias, terá aforo reducido con inscrición previa. As persoas interesadas deberán reservar a súa entrada na páxina web do Concello (premer aquí).
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL