As actividades impulsadas pola Deputación na loita pola igualdade e contra a violencia de xénero non se deteñen por mor da pandemia. O programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero” comezou a súa sexta edición adaptándose ás restricións sanitarias cun acto celebrado no Auditorio de Mos e transmitido en directo por “streaming” a través da web da Deputación e do Concello. A peza “Pulso”, a cargo da artista Paula Sanmartín foi a protagonista, dando voz ao terceiro sexo (persoas que non encaixan nos sexos masculino ou feminino) e á loita contra a violencia institucionalizada.
A deputada de Igualdade, Victoria Alonso, acompañada da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, asistiu á representación, celebrada no Auditorio e sen asistencia de público. O alumnado do IES de Mos, que o ano pasado acolleu nas instalacións do instituto o paso de “Mulleres en Acción. Violencia Zero”, ten programada unha actividade pedagóxica para mañá venres, a partir do visionado da peza.
“Mulleres en acción. Violencia Zero naceu para mobilizar conciencias, así que non para aínda que a Covid esté entre todos nós” afirmou contundente Victoria Alonso. A deputada sinalou a necesidade de continuar co programa que leva a igualdade por toda a provincia facendo fincapé en que “esta loita non se pode frear, especialmente nas actuais circunstancias, nas que moitas mulleres se viron obrigadas a estar moito máis tempo na casa cos seus presuntos agresores”. Citando o exemplo de Paula Sanmartín, Alonso quixo pór de relevo que “as mulleres podemos ser todo o que queiramos” e que “é necesario concienciar a sociedade para comprender a importancia de plantar cara ás violencias machistas e erradicar así esta lacra intrínseca da nosa sociedade”.
Pola súa banda, a alcaldesa de Mos amosou o seu agradecemento á Deputación de Pontevedra e á artista, por poder gozar hoxe do programa; e tamén a súa satisfacción, subliñando o feito de contar hoxe “cunha alcaldesa muller, unha deputada muller, unha conselleira muller e unha presidenta da Deputación muller”. “Aínda nos queda un longo camiño por percorrer”, afirmou animando á mocidade á loita.
“Pulso” é a terceira das catro “performances” que compoñen “Desvío”, unha peza de vocación contemporánea na que a autora fai unha viaxe desde 1920 ata 2020; percorrendo fitos tan importantes como o primeiro movemento feminista. Tira de ironía e utiliza as voces de Gila ou “dona Rogelia” para dobrar a Rock Hudson e Doris Day. Trátase dunha actuación ambientada nas décadas dos 50 e 60 na que a posta en escena cobra o máximo protagonismo e se citan moitas referencias para traballar nas temáticas que a protagonizan de forma lúdica e pormenorizada, sen recorrer ao emprego de personaxes. Paula Sanmartín ironiza co “Soño Americano” e o mesmísimo Supermán. Coa énfase na potencialidade da voz humana (a técnica da “spoken word”) e apoiándose en proxeccións de vídeo-collage, a artista tomou o pulso a un problema enraizado na nosa sociedade co ánimo de suscitar preguntas.
“Mulleres en Acción. Violencia Zero” ten por obxectivo darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas, así como dar a coñecer o labor de novas artistas que están a traballar a prol da igualdade. Nun momento no que non se pode tolerar un paso atrás nesta loita, este programa vólvese unha actuación máis urxente e necesaria se cabe para constituír un apoio real ás creadoras e unha aposta pola sensibilización. Para o que resta de 2021 “Mulleres en Acción. Violencia Zero” contará con dúas performances, dúas intervencións murais, catro accións de danza contemporánea, seis accións escénicas, cinco musicais e unha poética.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL