O Festival de Cans abre este xoves 11 de febreiro a convocatoria de envío de obras a concurso para a súa XVIII edición que, como se anunciou hai uns días, volverá ter lugar nesta coñecida aldea de O Porriño do 1 ao 4 de setembro. Desde este xoves e ata o 16 de maio estará aberto o prazo para o envío de obras nas categorías de curtametraxes de ficción, animación ou non ficción, así como videoclips, tendo como condición que todas as obras deben ser de produción galega e realizadas entre os anos 2020 e 2021.
Este ano, o festival abrirá desde o inicio a participación para a sección a concurso do Premio Deleite “Novas Camadas”, que o pasado ano se realizou mediante invitación, e se puxo en marcha só unhas semanas antes do festival. Ante a gran acollida que tivo a sección, tanto por parte do público como das creadoras e creadores, este ano será potenciada e destinada exclusivamente a promover directoras e directores menores de 25 anos.
O festival tamén recibirá longametraxes e calquera tipo de obra susceptible de poder ser programada ou presentada nas seccións paralelas do festival, dando prioridade en todas as categorías ás obras que aínda non fosen estreadas. Todas as obras poderán ser inscritas gratuitamente a través da propia web do festival (premer aquí). O Festival de Cans volverá aumentar a dotación económica dos seus premios nesta edición, que rondarán os 10.000 euros. En concreto, repartiranse un total de 9.600 premios entre as catorce categorías a concurso, ademáis do característico Can de Pedra, o prezado trofeo realizado polo artesán Paco Candán, que reciben as gañadoras e ganadores de cada categoría.
A organización fixo un esforzo por aumentar na medida do posible a dotación económica en premios, e que poida supoñer unha axuda determinante para creadoras e creadores, nun momento moi complicado. O festival considera que é un esforzo que debe asumir, ratificando o seu compromiso coas novas e novos creadores, que serán os receptores dos principais premios.
As cantidades máis importantes estarán destinadas ó premio á mellor curta do xurado, con 2.000 euros, os premios á mellor curta de animación e mellor curta do público con 1.500 euros cada un, e o premio á mellor curta de non ficción, denominada "Furacáns", que será de 1.200 euros, ademáis de 500 euros para a mellor curta da sección “Novas Camadas” e 500 euros para o mellor videoclip. Como na edición anterior, haberá un total de catro xurados específicos para otorgar estes galardóns.
O Festival de Cans consolidouse nas últimas edicións como o principal escaparate das novas e novos cineastas galegos, sendo un certame clave no camiño cara os Premios Goya, os grandes galardóns do cinema español.
Este ano, a curta “16 de Decembro” de Álvaro Gago, que na última edición de Cans gañou dous premios, estará entre as catro finalistas na categoría de mellor curta de ficción. Gago ten tamén no seu palmarés dous Premios do Xurado en Cans. Entre as finalistas que optarán ó premio de mellor curta de animación estará tamén “Metamorphosis”, de Carla Pereira e Juanfran Jacinto, que pasou pola categoría “ExtraCans” na última edición do certame, ou Alberto Vázquez, gañador de tres edicións de Cans, que volverá optar a un Goya pola curta “Homeless Home”.
Nesta mesma categoría de animación xa fora finalista dos Goya tamén o pasado ano David Fidalgo Omil, que coa súa curta "Homomaquia", levara tamén unha mención especial do Xurado en Cans.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL