Tomiño vén de presentar a xa tradicional Semana da Educación, un evento que celebra xa a súa sexta edición. O evento vai dirixido tanto a persoal docente e educador como a pais e nais que procuren formarse en diferentes aspectos relacionados co mundo da educación, onde cada ano imparten conferencias distintas personalidades de relevancia en distintos ámbitos. “Educar con emoción, aprender con paixón” é o título desta edición, que se celebrará entre os días 8 e 11 de febreiro.
Para inaugurar as xornadas Tomiño, o luns 8 contará coa presenza de Octavio Salazar, catedrático de Dereito Constitucional na Universidade de Córdoba, investigador e activista, amplamente recoñecido polos seus traballos sobre igualdade de xénero e novas masculinidades, polos que recibiu varios premios. Tamén é autor de varias obras literarias e colabora habitualmente con medios escritos como eldiario.es, The Huffington Post ou Público, entre outros. Na súa conferencia Salazar falará da importancia dunha educación paritaria, que incorpore a perspectiva feminista, e da necesidade de desenvolver programas específicos de intervención coa mocidade.
A xornada do martes estará protagonizada pola educación musical e os beneficios de transmitila a través da emoción. Será impartida por Almudena González, Profesora Superior de Violonchelo e Música de Cámara polo Conservatorio Superior de Tenerife. É doutora e Premio Extraordinario de Doutoramento 2016 pola Universidade da Lagoa. É autora de artigos de investigación en revistas internacionais con índice de impacto e participa de forma habitual en congresos nacionais e internacionais sobre música e cerebro. González explorará a importancia das emocións musicais no ámbito educativo e a súa relación coa neurociencia, destacando a importancia que ten a unión destes dous campos de coñecemento para proxectar novos camiños posibles tanto dentro da aula como no ámbito familiar.
O relatorio do mércores será impartido por Marta Peirano, destacada xornalista e investigadora especializada no mundo da cultura e a tecnoloxía. É fundadora do xornal ADN e foi xefa da sección de Cultura e Tecnoloxía en eldiario.es sendo nos dous últimos anos adxunta á dirección. En 2019 publicou “El enemigo conoce el sistema”, un ensaio sobre o capitalismo de vixilancia onde conecta a nosa adición ao móbil coa industria de extracción de datos e o seu papel como ferramenta de control e manipulación de masas, que vai xa pola súa novena edición. Na súa conferencia, Peirano falará da importancia de combater a desinformación nas redes sociais, un problema crecente nos últimos anos, analizando as ferramentas que temos para combatela.
O xoves fechará as xornadas Alberto Soler, licenciado en psicoloxía e especialista europeo en Psicoterapia (EuroPsy). É a cara visible do videoblogue de divulgación Píldoras de Psicología, que conta con máis de 240.000 persoas seguidoras e miles de reproducións diarias tan só en YouTube. É colaborador do programa Ser Saludable na Cadea Ser, do proxecto Xestionando Fillos, e profesor na Escola Bitácoras. A súa conferencia levará o título “Normas, límites, premios e castigos”, e nela falará sobre a importancia destes conceptos e que peso darlles para educar aos nosos fillos con grandes doses de amor, agarimo e respecto.
Este ano, debido á pandemia da Covid19, o evento será retransmitido por streaming a través de Zoom e calquera persoa poderá acceder á videoconferencia de balde. Non será preciso inscribirse, só o terán que facer aquelas persoas que queiran un certificado de asistencia, e poderán facelo a través dun formulario na web municipal do Concello de Tomiño. Cómpre destacar tamén que as xornadas contarán con interpretación simultánea en lingua de signos para garantir tamén a inclusión das persoas xordas. Todas as conferencias serán retransmitidas á mesma hora nos seus respectivos días, ás 19:00. Para máis información, os interesados poden enviar un correo a omix@tomino.gal, cultura@tomino.gal ou visitar o apartado “Semana da Educación” na web municipal.
Desde a Concellería de Educación convidan a todas as familias a participar destas xornadas, un evento tradicional xa na programación municipal que procura servir de apoio para a educación dos fillos e fillas, contando coa visión de importantes expertos e figuras de relevancia en distintos sectores profesionais.
El Gran Vía de Vigo premiará con tarjetas regalo a los que adivinen el precio de los "outfits" expuestos en la Planta 0 del centro comercial
Un nuevo enfoque es lo que busca este año el centro comercial A Laxe de Vigo con su segunda edición de Objetivo A Laxe
El bingo de Vialia Vigo, que se celebrará el 30 de junio, domingo de apertura, permitirá a los clientes ganar importantes premios
Un concurso de la UVigo para encontrar a los mejores youtubers científicos de su personal investigador
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL