O Bloque Nacionalista Galego vén de advertir publicamente que o servizo de autobús urbano da cidade de Vigo inda non funciona ao cento por cento, e volveu urxir o seu reforzamento na perspectiva de que se poidan aplicar novas restricións de aforo por causa da evolución epidemiolóxica nos vindeiros días e semanas.
A través dunha interpelación na derradeira Comisión Informativa de Servizos e Contratación do Concello, o concelleiro do BNG na cidade olívica, Xabier P. Igrexas, demandou ao Goberno municipal que aclarase o grao de funcionamento dos servizos de bus urbano. “Temos información de que non se teñen reiniciado o cento por cento dos servizos, a pesar de que o alcalde anunciou que si”, alertou. Aliás, expresaron a súa preocupación polos indicios dos que dispoñen de que Vitrasa non pode mobilizar todos os buses da súa frota xa que unha parte carecería de seguro de circulación en vigor.
Desde a fronte nacionalista volven demandar o urxente reforzamento do servizo de bus urbano. Neste sentido, Igrexas sinalou que “nun contexto marcado por unha terceira vaga de contaxios de coronavirus de enorme virulencia, e na perspectiva de que se poidan acordar nos vindeiros días e semanas novas restricións de aforo, é fundamental que se reforce con máis buses para evitar que se sigan a dar masificacións de pasaxeiros e pasaxeiras”
“O Concello ten que actuar para priorizar o servizo á cidadanía por acima dos intereses da empresa concesionaria”, remachou o portavoz municipal nacionalista.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL